Charlas
Acisa ofrecerá mañana, 19 de noviembre, una charla informativa en el Cine Teatro sobre el proceso de renovación de la entidad. Será a las 20:30 horas. Desde la asociación animan a los miembros a asistir para informarse de las propuestas y del sistema de participación.
Según explica Jesús Pérez, el gerente de Acisa Ribadeo, “mañana martes a las 20:30 horas tendremos una charla informativa dirigida a socias y socios de Acisa para explicar cuáles son las propuestas de remodelación y modernización de la asociación, que deberán ser debatidas y votadas en la asamblea extraordinaria del próximo 26 de noviembre. En esta charla, pretendemos explicar las propuestas y el sistema de votación de este proceso, para llevar a cabo esta remodelación. Ofreceremos información a todos los socios y socias del porqué de estas medidas, aunque ya cuentan con los...
leer másO GALP A Mariña Ortegal explica que “aprender de experiencias que poñen en valor o patrimonio cultural ligado ao mar, á zona costeira e á tradición mariñeira é unha boa maneira de fomentar o crecemento económico do territorio a través de iniciativas que potencien a economía azul. A cultura é un importante elemento que pode dinamizar e servir de base para que o sector pesqueiro se involucre en proxectos que van máis alá do puramente produtivo e extractivo, vinculado aos recursos pesqueiros. O patrimonio cultural é un factor que contribúe ao desenvolvemento turístico é á xeración de riqueza nas zonas costeiras, motivo polo cal dende o GALP A Mariña Ortegal se está organizando unha xornada que abordará esta temática, co obxectivo de promover proxectos que incrementen o valor engadido para o sector pesqueiro e contribúan á diversificación das súas actividades,...
leer másBurela acollerá o día 21 de xovembro, xoves, unha xornada formativa a cargo do psicólogo deportivo Pep Marí. Será ás 19:00 horas no auditorio municipal de Burela, con entrada gratuíta a cambio de alimentos non perecedoiros que serán destinados a Cáritas Valencia.
A Real Federación Galega de Fútbol explica que “a devastación causada pola DANA en Valencia espertou en Galicia, e no resto do país, un auténtico despregamento de solidariedade. Agrupacións, veciños, concellos de numerosas localidades, voluntarios e clubs de fútbol mobilizáronse con prontitude para axudar aos damnificados coa organización de puntos de recollida e recadación de axuda, que farán chegar ata os municipios da Comunidade Valenciana golpeados polas inundacións. O fútbol volveu amosar que sempre responde en situacións críticas, ao igual que a Real Federación Galega de...
leer másO Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre as estafas a través dos teléfonos móbiles e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Esta charla está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o xoves 14 de novembro ás 11:00 horas.
Para máis información e para anotarse as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).
O Concello de Foz organiza un ciclo de charlas médicas que se celebrarán os mércores 13, 20 e 27 de novembro ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
A concelleira de Sanidade, Comercio e Turismo, Kathy Navarro, anuncia: “o mércores día 13 contaremos con Paloma Dorado López e Marina Bustelo Fernández, pediatras do Hospital Público da Mariña, nunha charla na que abordarán a actualización en vacinación infantil. O mércores día 20 a farmacéutica do Hospital da Mariña, Lucía Grandío Leivas, achega a charla titulada Antibióticos, por que non sempre?. E remataremos as charlas médicas o mércores día 27 con Alba Doporto Fernández, neuróloga do Hospital Público da Mariña, que falará das Enfermidades neurolóxicas asociadas a idade.
O Concello de Foz agradece a colaboración do Hospital Público...
leer másA Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro convida á veciñanza a participar na xornada sobre comunidades enerxéticas que terá lugar o martes 29 de outubro ás 19:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro, con acceso libre. O acto contará coas intervencións de Xosé Manuel Golpe Acuña e Paula Vila Periscal.
Xosé Manuel Golpe Acuña é enxeñeiro enerxético da Deputación da Coruña, experto en Comunidades Enerxéticas e presidente da Asociación Galega de Comunidades Enerxéticas, a AGACEN.
Paula Vila Periscal é socióloga, especialista en participación cidadá e coordinadora da Oficina de Transformación Comunitaria do Concello de Ames.
O Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS), organiza as VIII Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que se celebrarán os días 15, 16 e 17 de novembro. Na presentación das xornadas participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; Jesús Fernández, concelleiro do Mar, e Antón López, delegado da FEDAS no noroeste de España.
María Loureiro destacou que se trata dunha cita consolidada a nivel nacional e internacional, perfecta para "dar a coñecer unha parte moi importante da nosa historia e patrimonio a través de grandes expertos".
A rexedora subliñou que "estas xornadas son o primeiro proxecto español de divulgación incluído no Catálogo de Boas Prácticas da Confederación Mundial de Actividades Subacuáticas, celebrada en Roma en 2023...
leer másBurela acollerá, no salón de conferencias, a charla ‘Entender o océano’ do surfista e oceanógrafo Tony Butt. Esta xornada, enmarcada no programa de sensibilización e acción ambiental Ondas Limpas, terá lugar este sábado, día 12 de outubro.
Haberá dúas quendas distintas: unha de nivel 2, de 11:00 a 13:00 horas; e outra de nivel 3, de 16:00 a 18:00 da tarde. A inscrición na actividade poderá ser realizada na ligazón https://forms.gle/kZ7Yh97JZnPtUX44A.
Na charla ‘Entender o océano’ Tony Butt explicará diversas cuestións relacionadas cos ventos, as mareas, as ondas e as predicións meteorolóxicas, de cara á súa aplicación no...
leer másA quinta edición das Xornadas da Terra de Miranda, que son encontros de debate sobre o medio rural, celebraranse os días 18, 19 e 26 de outubro con actividades na Pontenova, A Ribeira de Piquín, Meira e Riotorto.
Haberá actividades como relatorios, mesas redondas, proxeccións e visitas para analizar “que se estuda?, que se planta no monte e cal é o futuro da nosa terra?”.
É unha iniciativa organizada polos colectivos Muíño de Barxa e Nova Escola Galega.
A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) organiza un Foro de Análise o vindeiro 3 de outubro en Foz. O aluguer será o protagonista da cita, que terá lugar no Cenima a partir das 19:00 horas.
Baixo o título de Traballo na Mariña lucense, onde vivo? o Foro analizará a problemática para atopar pisos de aluguer de tempada na comarca mariñá tras o boom das vivendas de uso turístico. A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “hai moita preocupación nos diferentes colectivos de traballadores, xa sexa para incorporarse a empresas, a tendas, a hoteis, a restaurantes, a centros de ensino ou mesmo ao hospital, porque non atopan pisos para alugar nas vilas nas que van estar traballando e nas que lles gustaría vivir e asentarse. No caso de Ribadeo, por exemplo, sabemos que ou alugan nos concellos veciños ou aquí é practicamente imposible”....
leer más