Este martes, día 18 de xuño, haberá un novo faladoiro da iniciativa, Charlando, dentro do programa Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 18:30 horas no local da asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Cibrao.
Está dirixido á poboación en xeral e nesta ocasión a temática xirará en torno á enfermidade mental nas persoas adultas (mitos, estigmas, causas, tratamento...). Estas sesións están dirixidas por María José Novoa (traballadora social e coach) e Sonia Nogueiras (psicóloga).
“Non te perdas estas charlas didácticas moi necesarias nos tempos nos que vivimos xa que os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo no ano 2030”, explica o Concello de Cervo.