Misa

19/07/2023

A festa da parroquia de Sargadelos na honra de Santiago Apóstol arrincará o 24 de xullo cunha espetada moura ás 20:00 horas; seguida dunha gran verbena amenizada pola orquestra Trébol e a Disco Móbil Conxuro.

O día grande, o martes 25 de xullo, ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne seguida de procesión. A continuación será a sesión vermú e o "tardeo" da man novamente de Disco Móbil Conxuro. Serviranse racións de churrasco e chourizo a mediodía.

A festa está organizada polo Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula. Os organizadores insisten en animarse a desfrutar destes festexos nunha contorna excepcional como é o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.