Arruguiñas
O Concello de Cervo pon en marcha outra edición máis do programa Arruguiñas, dirixido á poboación maior de 60 anos, que se desenvolverá desde outubro de 2024 ata xuño de 2025.
O prazo de inscrición está aberto ata o 4 de outubro na Casa da Cultura e no Concello e seguirá aberto dependendo das prazas de cada actividade.
O Concello de Cervo destaca que “a iniciativa, que tivo moito éxito na primeira edición, artéllase sobre os seguintes piares fundamentais: taller de memoria, móvete, actívate e talleres terapéuticos; e como nova incorporación un taller de lingua de signos. Todas estas propostas compoñen unha iniciativa pensada para este grupo de poboación co obxectivo de contribuír a dinamizar o seu día a día, e de que se manteñan activos e activas social, físico e mentalmente”.
Este martes, día 18 de xuño, haberá un novo faladoiro da iniciativa, Charlando, dentro do programa Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 18:30 horas no local da asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Cibrao.
Está dirixido á poboación en xeral e nesta ocasión a temática xirará en torno á enfermidade mental nas persoas adultas (mitos, estigmas, causas, tratamento...). Estas sesións están dirixidas por María José Novoa (traballadora social e coach) e Sonia Nogueiras (psicóloga).
“Non te perdas estas charlas didácticas moi necesarias nos tempos nos que vivimos xa que os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo no ano 2030”, explica o Concello de Cervo.
Este sábado, 25 de maio, haberá un novo guateque do programa de actividades Arruguiñas . Estará amenizado polo dúo Son de Festa e será no local social da Senra desde as 20:00 horas.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Veciños da Senra.
Este martes, 21 de maio, temos un novo faladoiro da actividade Charlando, incluída dentro do programa Arruguiñas, que organiza o Concello de Cervo. Será ás 18:30 horas, no local social da asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Ciprián, e titúlase “Educación para a saúde”.
Está dirixido á poboación en xeral e nesta ocasión a temática xirará en torno á xestión emocional, ao envellecemento activo e á importancia da contorna.
Estas sesións están dirixidas por María José Novoa (traballadora social e coach) e Sonia Nogueiras (psicóloga).
“Non te perdas estas charlas didácticas moi necesarias nos tempos nos que vivimos xa que os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo no ano 2030”, explica o Concello de Cervo.
O Concello de Cervo organiza os encontros titulados Charlando, dentro do programa Arruguiñas. Serán os martes 23 de abril, 21 de maio e 18 de xuño ás 18:30 horas na Casa do Mar, en San Ciprián, concretamente no local da asociación de xubilados Terramar.
O Concello de Cervo, coa colaboración da asociación de Xubilados Terramar, programa estes encontros informativos baixo o título Charlando, que se enmarcan no programa integral de envellecemento activo Arruguiñas, que arrincou no mes de febreiro e que inclúe talleres de memoria, talleres terapéuticos, rutinas de exercicios ou diferentes guateques itinerantes polas parroquias, para contribuír a dinamizar o día a día da veciñanza maior de sesenta anos e fomentar a súa socialización.
Neste caso Charlando é unha proposta aberta á poboación en xeral, que se desenvolverá...
leer más