Charlas

13/05/2024

A Oficina Móbil do programa Acelera Peme, da Deputación de Lugo, cofinanciado con fondos europeos, estará situada fronte á Casa do Concello de Foz, na Avenida Álvaro Cunqueiro 24, este xoves, 16 de maio, a partir das 12.30 horas.

O alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, invitan a todos os pequenos empresarios e autónomos a que se acheguen a esta oficina: “a dixitalización é imprescindible na época na que vivimos. O programa Acelera Peme ofrece de forma gratuíta un servizo de acompañamento dixital individual e personalizado, apoio á implantación de solucións dixitais no negocio, consultoría en marketing dixital en redes sociais e outras accións, como apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital. É unha boa oportunidade, polo que convidamos a todas e todos a que se acheguen o día 16 ata a oficina móbil que...

leer más
13/05/2024

O Seminario de Santa Catalina, en Mondoñedo, acollerá este xoves, 16 de maio, ás 17:00 horas unha actividade organizada por Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol: a charla titulada “Falemos de diabetes e hipertensión”.

Na conferencia, a cargo da enfermeira Paloma Rodríguez Oviedo, falarase de prevención, estilo de vida e manexo destas enfermidades.

13/05/2024

Burela acolle este martes, 14 de maio, unha xornada sobre deterioro cognitivo e perda da memoria. A sesión será a ás 19.00 no salón de conferencias (antiga biblioteca)

A charla estará a cargo do doutor José Ramón Martínez Calvo, especialista en xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

É unha actividade incluída no programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia, promovido pola Deputación de Lugo.

 

10/05/2024

O salón de conferencias do Concello de Burela acollerá o luns 13 de maio ás 18:00 horas unha actividade organizada por Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol: a charla titulada 'Falemos de diabetes e hipertensión'.

Na conferencia, a cargo da enfermeira Paloma Rodríguez Oviedo, falarase de prevención e manexo destas enfermidades.

Nesta actividade colabora o Concello de Burela.

 

06/05/2024

O salón de conferencias do Concello de Burela acollerá a charla titulada “Educar na atención. Pautas para o traballo na casa. Será este martes, 7 de maio, ás 16:30 horas e estará impartida pola especialista en pedagoxía terapéutica e intervención familiar Carolina García Chico, de Comunícate Logopedia.

Esta charla está organizada por Educando en Familia coa colaboración do Concello de Burela.

Etiquetas:
02/05/2024

O Concello de Burela organiza, coa colaboración da Garda Civil, unha charla para previr as estafas a través do teléfono móbil. Será o luns 6 de maio ás 19:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Esta actividade forma parte do Plan Maior de Seguridade.

Etiquetas:
30/04/2024

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da nova programación formativa do centro para o mes de maio. Presentan varias actividades para as que está aberta a inscrición. Anuncian que se trata nesta ocasión “de diferentes charlas, dúas presentacións de libros e unha actividade especial que pon o broche final a este curso: un roteiro interpretativo”.

Elena Martínez e Marta Muiña especifican que “o xoves 9 de maio levarase a cabo unha charla informativa sobre Mentalización e sensibilización da saúde mental, a cargo da Asociación Saúde Mental A Mariña. Vai dirixida a todos os públicos e especialmente ás familias do alumnado do IES de Foz, institución colaboradora na organización da conferencia e que albergará a actividade no seu salón de actos...

leer más
29/04/2024

A vila focega e as parroquias de Cangas e Vilaronte acollerán actividades do programa Xunt@s, promovido pola Deputación de Lugo.

A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, anuncia que “Foz novamente colabora coa Deputación provincial de Lugo e volve traer actividades do programa Xunt@s, no que se contemplan varias liñas de actuación que puxo en marcha a Deputación de Lugo neste ano 2024 para impulsar a participación cidadá e o asociacionismo na nosa provincia”.

Ana Rojo especifica: “novamente comezamos coas xornadas de prevención e promoción da saúde, retomamos a charla de envellecemento activo e prevención das patoloxías psicolóxicas e cognitivas, charla que tivo que ser suspendida a comezos deste mes de abril por problemas de índole persoal do ponente e que se impartirá este venres, día 3 de maio,...

leer más
26/04/2024

Vilanova de Lourenzá albergará unhas xornadas sobre sociedade, economía e cultura maragatas os días 3 e 4 de maio. É a primeira edición deste evento que se celebrará en Maragata Casa, que está na avenida de Mondoñedo, número 18.

As actividades desenvolveranse o venres 3 de maio a partir das 19:00 horas e o sábado 4 de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas. Inclúen a proxección dun vídeo, catro relatorios e unha ruta por Vilanova de Lourenzá.

Etiquetas:
22/04/2024

O Concello de Cervo organiza os encontros titulados Charlando, dentro do programa Arruguiñas. Serán os martes 23 de abril, 21 de maio e 18 de xuño ás 18:30 horas na Casa do Mar, en San Ciprián, concretamente no local da asociación de xubilados Terramar.

O Concello de Cervo, coa colaboración da asociación de Xubilados Terramar, programa estes encontros informativos baixo o título Charlando, que se enmarcan no programa integral de envellecemento activo Arruguiñas, que arrincou no mes de febreiro e que inclúe talleres de memoria, talleres terapéuticos, rutinas de exercicios ou diferentes guateques itinerantes polas parroquias, para contribuír a dinamizar o día a día da veciñanza maior de sesenta anos e fomentar a súa socialización.

Neste caso Charlando é unha proposta aberta á poboación en xeral, que se desenvolverá...

leer más