Viños
O vindeiro venres, 12 de xullo, terá lugar unha Xornada de Degustación e Promoción Viños IXP Terras do Navia que a partir das 17:00 horas da tarde nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, dentro do marco de colaboración establecido entre AGV (Asociación Galega de Viticultura), integrada na FRUGA (Federación Rural Galega) e na que tamén participa e colabora directamente o Concello de Barreiros.
Haberá a charla coloquio Manual de Boas Prácticas Vitivinícolas da IXP Terras de Navia na que intervirán Xosé Antonio Meixide, de Adega Bordel, e Manuel Cancio, de Adega Panchín.
E para as 18:10 horas está prevista unha cata comentada dos viños da IXP Terras do Navia. Na mesma participará o sumiller Martiño Santos.
FRUGA e a Asociación Galega de Viticultura, en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a tenencia de alcaldía de Viveiro, lanzan unha nova cata e coloquio dos viños da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia. Será o venres 5 de xullo a partir das 17:00 horas no Centro Comarcal de Viveiro. O deputado de Rural, Daniel García, xunto a representantes do concello e das entidades organizadoras presentaron esta nova formación.
Durante a xornada as persoas asistentes participarán nunha charla coloquio con José Crusat, da adega Entre os Ríos (IXP Terra de Barbanza e Iria) e José Manuel Méndez, da Asociación Bodegueiros do Navia. Posteriormente haberá unha cata da man do sumiller Martiño Santos con viño da Adega Panchín e Adega Sidrón, de Negueira de Muñiz, e de Bodega da Señora, de Navia Suarna, as tres adegas que...
leer másAcisa Ribadeo sorteará 45 botellas de viño magnum Azpilicueta crianza nos locais hostaleiros asociados. Este é o broche de ouro da súa campaña de San Valentín.
Desde Acisa o xerente, Jesús Pérez, explica que “aquelas persoas que fagan consumicións por importes superiores a 10 euros entre o 13 e o 17 de febreiro poderán cubrir unha casiña nas cartulinas que atoparán nos locais hostaleiros asociados. É moi sinxelo elixen un número do 0 ao 99 e poñen nesa casiña o seu nome e o seu teléfono. E logo teñen que estar atentas e atentos ao sorteo da Lotería Nacional do sábado 18 de febreiro. Gañará a botella de magnum a casiña cuxos números coincidan coas dúas últimas cifras do primeiro premio do devandito sorteo da Lotería Nacional”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinala que “son 45 botellas as que se poñen en...
leer másEl bar Prohibido, de Ribadeo, Bodegas y Viñedos Valduero y Distribuciones Carreiras organizaron una cata de vinos, que se celebró en la noche de ayer y a la que asistieron cerca de una veintena de personas.
Valduero es una bodega familiar, que data de 1984. Está situada en Gumilla del Mercado, en Burgos, y forma parte de la Denominación de Origen Ribera del Duero desde sus inicios.
Los asistentes tuvieron la oportunidad de probar el primer vino blanco Ribera del Duero, de la variedad albillo, que sorprendió de forma muy positiva.
En la cata también se degustaron vinos crianza y reserva de Valduero y uno de sus denominados de élite: Una Cepa, medalla de oro en Bruselas.
Entre los asistentes fueron sorteadas dos botellas de Bodegas Valduero.
... leer másAs instalacións de Acisa acolleron esta mañá a presentación do viño oficial do Ribadeo FC. Poñeranse á venda un total de 3.000 botellas de albariño, rioja e vermú, que se presentan en caixas de seis. Os tres packs saen por 60 euros e de cada botella vendida 50 céntimos serán para o Ribadeo FC. Os viños e o vermú tamén chegarán aos locais hostaleiros asociados a Acisa. O obxectivo é facer unha campaña de apoio ao Ribadeo FC que sexa orixinal. Na presentación estiveron José Antonio Veiga, xerente de Discosta Norte; Ana Vázquez, presidenta do club ribadense; Jesús Pérez, xerente de Acisa, e Ramón Loredo, membro da directiva do colectivo empresarial ribadense.
José Antonio Veiga, de Discosta Norte, explicou que “se trata dun albariño e dun rioja colleiteiros e dun vermú, que é a primeira vez que a bodega envasa un vermú e esperemos que sexa o...
leer másEl Náutico Bar&Tapas, de Ribadeo, organiza una cena degustación de quesos y vinos que se celebrará este sábado, día 15 de diciembre, a las 21:30 horas. Además de doce variedades de quesos, los asistentes podrán probar una selección de vinos de la denominación de origen Rías Baixas de Adegas Tollodouro: Tollodouro (espumoso), Pontellón (albariño) Sácrima (mencía) y Tollodouro (sousón y brancellao). Y también se servirá un mini gin tonic de Nº0. Para participar en esta cena fusión de quesos y vinos es necesario hacer reserva previa dado que el aforo es limitado.
La degustación de quesos estará dirigida por la empresa asturiana Exclusivas Luis Vega, concretamente por Aitor Vega, quien explica: “nos dedicamos al mundo del queso. Tenemos un negocio familiar de ya un par de generaciones y hemos ido evolucionando con los tiempos hacia la...
leer másO empresario Gervasio Cao e o enólogo Roberto Regal presentaron onte á noite os dous viños de Fumarel elaborados na Ribeira Sacra. A degustación, que se celebrou na propia vinoteca ribadense con numerosa presenza de público, estivo acompañada con embutidos de porco celta de Cárnicas Teijeiro, de Sarria.
Os dous viños creados por iniciativa de Gervasio Cao son tintos Súmmum Ribeira Sacra. Un deles, chamado Fumarel Croa, foi elaborado con uva da variedade Mencía ao 100%, producíronse 1.600 botellas e foi embotellado no pasado mes de abril. O outro, denominado Fumarel Penadoso, fíxose con uvas das variedades Mencía e Brancellao, a produción é de 300 botellas e foi embotellado neste mes de xuño.
Gervasio Cao explicou que “isto naceu o ano pasado nestas datas, foi algo moi acelerado pero que eu realmente tiña moitas...
leer másOs dous viños elaborados na Ribeira Sacra pola Vinoteca Ultramarinos Fumarel, de Ribadeo, serán presentados neste establecemento este xoves, día 28, ás 21:30 horas. No acto, que será aberto ao público, participará o prestixioso enólogo Roberto Regal, xunto a promotor desta iniciativa, o empresario Gervasio Cao.
Cando se puxo en marcha esta iniciativa, no verán do ano pasado, o enólogo Roberto Regal explicou: “son de Chantada, enólogo de formación, consultor de bodegas desde hai 17 anos e nos últimos nove levo dedicándome a facer cultivos de viñedo en ecolóxico ou en sostible na Ribeira Sacra ben en fincas privadas ou que alugamos; facemos viños de finca, viños personalizados, como neste caso con Gervasio Cao, do Fumarel”.
Roberto Regal destacou que “isto non é facer un viño por para senón que consiste primeiro en...
leer másOito locais hostaleiros de Foz, socios do Centro Comercial Aberto, organizan a 2ª Ruta de Viños, que se desenvolverá os xoves, venres e sábados desde o 12 de abril ao 26 de maio.
Na cita participan de novo: Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy, Express, Anduriña e Xoiña, establecementos situados nas rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. Cada local ofrecerá unha tapa especial aos clientes os xoves, que venderán a 1,50 euros.
Para incentivar que a xente acuda a esta 2ª Ruta de Viños os hostaleiros farán seis sorteos en Radio Foz, empregando o sistema de extracción de cartolinas. Cada semana haberá dous premios: 1 vale para cear 5 persoas por valor de 100 euros nun dos restaurantes que participan nesta iniciativa e 3 vales por valor de 20 euros cada un para consumir nas cafeterías Mayros, Express e Anduriña....
leer másOito locais hostaleiros de Foz, socios do Centro Comercial Aberto, poñen en marcha unha ruta de viños e tapas, que se desenvolverá os xoves, venres e sábados desde o 22 de febreiro ata o 24 de marzo.
Na cita participan: Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy, Express, Anduriña e Xoiña, establecementos situados nas rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. Cada local ofrecerá unha tapa especial ao cliente. E será cada un o que decida si por esa tapa cobra 1,50 euros.
Para incentivar que a xente acuda á Ruta de Viños e Tapas os hostaleiros farán cinco sorteos en Radio Foz, empregando o sistema de extracción de cartulinas. Cada semana haberá dous premios: 1 vale para cear 5 persoas por valor de 100 euros nun dos restaurantes que participan nesta iniciativa e 3 vales por valor de 20 euros cada un para consumir nas...
leer más