Charlas
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza a actividade denominada Taller de onde veñen os bebés. Terá lugar o día 8 de febreiro, sábado, ás 11:00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos de idade, acompañados por un familiar, e será impartido por María González Cociña (matrona e fundadora do Centro M. de Burela).
Para asistir deberase formalizar inscrición no departamento de Servizos Sociais ata o 5 de febreiro.
A Casa da Cultura do Vicedo acollerá a xornada titulada A Administración cerca de ti o día 13 de febreiro, xoves. Será entre as 10:30 e as 13:30 horas.
“¿Queres ter o certificado dixital no teu móbil? Moitas veces temos que presentar escritos nas sedes electrónicas das administracións e así poderás entrar directamente desde o móbil. Achégase unha nova edición da xornada da Administración cerca de ti. Nela poderedes informarvos dos servizos da Administración do Estado e como novidade este ano, asistirán técnicos do Servizo Público de emprego (SEPE) e do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS)”, anuncia a Casa da Cultura do Vicedo.
Para organizar o acceso establecerán quendas de 15 minutos e é necesario anotarse no teléfono 982.59.01.95 (Casa da Cultura do Vicedo).
O día 31 de xaneiro,venres, ás 18:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Viveiro terá lugar unha charla informativa sobre Agresións Sexuais e Violencia Sexual, dirixida á mocidade e impartida por Angélica Mercado, especialista en xénero e políticas de igualdade. Esta actividade está enmarcada nas accións promovidas pola Consellería de Política e Igualdade, enfocadas na loita contra a violencia de xénero.
O Concello de Viveiro anuncia que “durante a charla abordarase a sensibilización e prevención de situacións de violencia sexual, un tema fundamental para a nosa sociedade. A participación de todos e todas é crucial para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria”.
Foz acollerá a charla titulada O Primeiro Anuncio. Reto para o presente e o futuro da nosa Igrexa, a cargo do delegado episcopal para o Primeiro Anuncio da diocese de Santiago de Compostela, Javier García. Será o día 10 de febreiro, luns, ás 18:00 horas nos locais parroquias de Foz, que están na rúa Congostra do Cura, número 20, baixo.
Esta charla está incluída dentro das actividades da Escola Diocesana de Evanxelización, iniciativa da Diocese de Mondoñedo-Ferrol.
O recentemente creado colectivo amarinha.gal -constituído en inicio por Lucía Ferro (escritora en varias linguas e autora de performances), José Manuel Ventoso (enxeñeiro desenvolvedor de software en varias compañías multinacionais e de xeito independente) e Antonio Gregorio (físico e profesor xubilado)- ofrece unha charla titulada Retomando prazas públicas, para “aprender a usar alternativas a Facebook, Twiter e Google”, anuncian. Será este venres, día 24 de xaneiro, ás 17:30 horas na biblioteca pública municipal de Ribadeo.
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nas Xornadas Formativas en Turismo Ornitolóxico, promovidas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio técnico da empresa Puertas Afuera Comunicación Medioambiental. Terán lugar do 10 ao 12 de febreiro no salón de actos do Centro Cívico de Xove.
A formación é gratuíta, pero as prazas son limitadas, polo que as persoas que desexen participar deben facelo a través do formulario de inscrición online que atoparán no apartado web https://amarinalucense.gal/gl/ornitoloxia ata o 31 de xaneiro inclusive.
No encontro participarán como poñentes destacados ornitólogos, así como profesionais no desenvolvemento e promoción de produtos turísticos sostibles relacionados coa ornitoloxía. As persoas...
leer másMariña Patrimonio organiza para este sábado, día 28 de decembro, unha charla impartida polo escritor e experto en tradición oral Xosé Miranda, baixo o título "Os contos eróticos na tradición oral". Durante a sesión o relator explorará diversos aspectos relacionados cos relatos eróticos que forman parte do rico patrimonio oral de Galicia.
A actividade, que forma parte da programación destinada a promover o coñecemento e a preservación do patrimonio cultural inmaterial galego, terá lugar ás 12:00 horas na Sala As Carboeiras, situada no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, en Cervo.
A Aula Universitaria da UNED de Foz comeza o ano 2024 con dúas actividades destacadas que combinan ciencia e cultura, dirixidas tanto ao público xeral como á comunidade educativa. A programación para xaneiro inclúe unha charla médica sobre neuropsiquiatría e un encontro informal para practicar inglés.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Marta Muíña, destaca a importancia destas actividades para achegar o coñecemento á cidadanía: “queremos ofrecer á nosa comunidade propostas que sexan útiles, enriquecedoras e accesibles. Con estas iniciativas, buscamos fomentar tanto o coñecemento científico como o intercambio cultural, sempre dentro dun ambiente participativo.”
A primeira cita terá lugar o día 14 de xaneiro e trátase dun Café Conversa en inglés, unha actividade dirixida a persoas cun nivel...
leer másO Concello do Vicedo organiza unha charla dedicada á prevención da violencia sobre a infancia e adolescencia. Será este xoves, día 19 de decembro de 17:00 a 19:00 horas na Casa da Cultura.
É unha actividade dirixida a familias, persoas coidadoras habituais e cidadanía en xeral.
A charla, con acceso libre, será impartida por Noelia Rigueiro, técnica de Intervención Familiar da Fundación Meniños.
O ciclo comeza o vindeiro venres, 20 de decembro, cunha conferencia – coloquio no CENIMA, de Foz, ás 19:30 horas, co título de “Verdugos invisibeis e vítimas coñecidas”, na que o catedrático de historia contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto, falará dun asunto incómodo, dun pasado incómodo e dun enfoque incómodo: “Levamos tres décadas ocupándonos das vítimas das matanzas, pero non dos verdugos. Algúns historiadores iniciamos hai uns anos o xiro perpetrador para identificar as lóxicas dos verdugos, a razón da matanza que perpetraron ligada ao golpe; a súa identidade e as formas que tiveron de agocharse e difuminarse no relato, pero tamén borrando as pegadas do seu crime durante a ditadura…ata hoxe”.
O Foro Social a Mariña entende que estamos a vivir nun tempo onde afloran relatos que pretenden dulcificar e mesmo ensalzar o réxime...
leer más