O 12 de xullo terá lugar en San Miguel de Reinante unha xornada de divulgación dos viños da IXP Terras do Navia

O vindeiro venres, 12 de xullo, terá lugar unha Xornada de Degustación e Promoción Viños IXP Terras do Navia que a partir das 17:00 horas da tarde nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, dentro do marco de colaboración establecido entre AGV (Asociación Galega de Viticultura), integrada na FRUGA (Federación Rural Galega) e na que tamén participa e colabora directamente o Concello de Barreiros.

Haberá a charla coloquio Manual de Boas Prácticas Vitivinícolas da IXP Terras de Navia na que intervirán Xosé Antonio Meixide, de Adega Bordel, e Manuel Cancio, de Adega Panchín. 

E para as 18:10 horas está prevista unha cata comentada dos viños da IXP Terras do Navia. Na mesma participará o sumiller Martiño Santos.