Charlas
O mércores 19 de marzo ás 18:30 horas o Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acollerá unha charla informativa sobre orientación académica dirixida exclusivamente a familias. O encontro terá lugar no salón de actos do centro e contará cunha duración aproximada de dúas horas. Estará a cargo de Cristina Eiras López, orientadora de Secundaria e especialista en Trastorno do Espectro Autista (TEA) dentro do Equipo de Orientación Específico. Durante a sesión abordaranse aspectos clave sobre a toma de decisións académicas e profesionais, proporcionando ferramentas e estratexias para acompañar aos mozos e mozas na elección do seu futuro educativo.
Esta charla forma parte do programa ENAPAS (Escola de Nais e Pais), organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Burela, co obxectivo de ofrecer ás familias información clara e útil...
leer másSaldoira, no concello da Pontenova, acollerá unha charla da Garda Civil sobre seguridade para persoas maiores este sábado, día 15 de marzo. Será ás 17:00 horas no Centro Social Blanca Muruais. A entrada é gratuíta con aforo limitado.
Está organizada pola asociación veciñal San Pedro da Ribeira e a súa presidenta, Alba Fernández Lodeiro, explica que é “unha charla para previr estafas, timos, roubos... á xente maior”.
La asociación cultural Sendeiriña, de Mondoñedo, organiza su charla anual sobre mujer y salud este viernes, día 14 de marzo, a las 20:00 horas en la Casa da Xuventude mindoniense. En esta ocasión el tema es Osteoporosis: claves desde la ginecología y la impartirá el doctor Ezequiel Cardoso, ginecólogo del Hospital Público da Mariña Lucense.
“Este mes de marzo celebramos el Día Internacional de la Mujer y este año abordamos el tema de la osteoporosis, muy frecuente a una determinada edad en las mujeres”, explica la asociación Sendeiriña, que para esta actividad cuenta con la colaboración del Concello de Mondoñedo.
O mércores, 12 de marzo, ás 19:30 horas no Salón de actos da Escola Municipal de Música de Ribadeo, o Foro Social da Mariña organiza unha conferencia–coloquio titulada: “A represión franquista contra as mulleres“ a cargo de Montse Fajardo Pérez, xornalista e escritora.
A conferencia abordará a represión vivida polas mulleres tras o golpe de Estado do 36 en Galiza, onde, é fundamental lembrar, non houbo “guerra” senón un brutal xenocidio sobre o bando perdedor. A diferenza do ocurrido noutras zonas do Estado, as vítimas no noso territorio non pereceron nun campo de batalla, senón que foron asasinadas e sobre elas botouse un manto de silencio que foi especialmente gravoso nas mulleres.
As mulleres non só se viron afectadas polos mesmos tipos de represión ca os homes – foron asaninadas, encarceradas, depuradas ou...
leer másO Concello de Cervo anuncia que o martes 11 de marzo, dentro do programa Arruguiñas Charlando, haberá un faladoiro “no que se abordarán temas moi interesantes como a xestión do duelo e a perda, impartido pola coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda Susana Vázquez Fernández”.
Será ás 18:30 horas no local social da Asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar, de San Ciprián. E a continuación da charla as persoas asistentes compartirá un chocolate.
A segunda charla, organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia, chegará este mes de marzo a Ribadeo o día 19 ás 18:00 horas no centro social. A conferencia tamén chegará ás parroquias dentro do programa Preto de Ti.
A charla será impartida pola enfermeira María Roel Pardo, que falará sobre a importancia de coñecer e sensibilizar sobre o Alzheimer.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, lembrou que “o alzheimer, como unha das principais causas de demencia, afecta a un número crecente de persoas maiores en todo o mundo e que, a pesar dos avances, segue sendo unha enfermidade que require atención e compromiso social, tanto para as persoas que a padecen como para os seus familiares e coidadores”.
A edil ribadense subliñou que “é fundamental que a...
leer másO Concello de Burela conmemorará o 8M, Día da Muller, con diferentes actividades que comezarán o día 7 de marzo, venres.
Ese día terá lugar ás 13:00 horas na praza do Concello a lectura do manifesto institucional por esta data. Tamén será a proxección do filme galego ‘O Corno’ ás 20:30 na Casa da Cultura.
Así mesmo, o 7 de marzo comezarán os obradoiros “Solo pelviano” na Praza de Abastos de 10:00 a 12:30. A cita repetirase o 10 de marzo de 17:00 a 19:30. En ambos casos o taller estará impartido pola fisioterapeuta especialista en pelviperineoloxía Lara Bello.
Ao día seguinte, o 11 de marzo, será o obradoiro “Coñece a túa peri/menopausia” de 18:00 a 20:00 no salón de conferencias. Impartirá María González Cociña, directora do centro M.
Ambos talleres serán de...
leer másO Concello de Alfoz, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, organiza unha charla informativa titulada Recomendacións ante unha consulta médica. Será o día 28 de febreiro, venres, ás 10:30 horas no Centro Sociocultural de Alfoz.
Para asistir hai que inscribirse ata o 24 de febreiro na Casa do Concello de Alfoz ou no teléfono 982.558.001.
Organizadas pola Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, coa colaboración do Concello de Ribadeo, o ribadense Forte de San Damián acollerá actividades durante a primeira fin de semana de marzo. O sábado 1 haberá unha xornada de portas abertas de 10:30 a 13:30 horas, con visita guiada gratuíta ás 12:00, previa inscrición a través do correo electrónico castillosandamian@gmail.com, e con prazas limitadas. E o domingo 2 de marzo ás 17:00 horas na sala 3 do Forte de San Damián terá lugar unha conferencia do ribadense Alberto Paraje Méndez sobre o ataque inglés a Ribadeo do ano 1719. A asistencia á charla será libre e gratuíta ata completar o aforo.
Alberto Paraje explica que o ataque inglés a Ribadeo de 1719 “foi, sen dúbida, o episodio bélico máis salientable na Historia da nosa...
leer másEste venres, día 21 de febreiro, o Foro Social da Mariña organiza unha conferencia coloquio titulada Da República ao golpe de 1936 (A Mariña, Viveiro e comarca), a cargo de Carlos Nuevo Cal (Cronista Oficial de Viveiro). O acto será ás 20:00 horas no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro, con entrada libre e gratuíta até encher o aforo.
No acto Carlos Nuevo Cal falará sobre “os grandes cambios e transformacións producidos pola proclamación da República na nosa bisbarra; tamén da caída do réxime monárquico da Restauración, así como da entrada nun tempo novo de grandes avances lexislativos nos eidos cívico, social e educativo que promoverían unha sociedade moderna, pluralista e fondamente democrática que fomentou o auxe do asociacionismo a nivel sindical: agrario, mariñeiro e obreiro, ao igual que nos ámbitos políticos,...
leer más