A asociación Mariña Patrimonio organiza para este venres, día 2 de agosto, a conferencia titulada "Pardo de Cela e o pazo da Rigueira de Ferrol (Xove)" a cargo do profesor Antón Meilán García. O acto terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove a partir das 20:00 horas.
Mariña Patrimonio explica: “Antón Meilán compartirá connosco a súa ampla investigación sobre Pardo de Cela. Ademais de contextualizar historicamente a figura do Mariscal, falará sobre a importancia que tivo o pazo da Rigueira na súa vida para concluír cunha reflexión sobre o personaxe Pardo de Cela como mito na actualidade”.