Xornadas
Este luns, día 30 de decembro, presentáronse as primeiras Xornadas de Tecnificación de Bádmintón Escolar A Mariña, que se levarán a cabo no Ceip Pedro Caselles Rollán, de Xove, os días 2 de xaneiro (de 16 a 19 horas) e 3 de xaneiro (de 11 a 14 horas). No acto estiveron Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove; Cristina Iglesias, concelleira de Deportes; José Manuel Blanco, presidente da ACD Xove; e Pedro Esmorís, adestrador e representante da AD San Roque.
Estas xornadas están organizadas pola ACD Xove co patrocinio do Concello de Xove e a colaboración da Xunta de Galicia- Deporte Galego- Xogade, Badminton Galicia e AD San Roque.
A inscrición é gratuita e poderán participar todos aqueles/as deportistas que practican o bádminton ou aqueles que estean interesados no mesmo; o único requisito é estar inscrito dentro do...
leer másOs días 6 e 7 de decembro en Foz terán lugar as xornadas gastronómicas das tostas, que organiza AciaFozCCA.
Na cita participan 8 locais hostaleiros: Augas Santas, Cafetería Anduriña, Los Dulces de Delphine, Marexada, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte e Xoyma.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “organizamos esta cita gastronómica para ofrecer unha alternativa na ponte da Constitución tanto ás veciñas e aos veciños de Foz como aos visitantes que se achegarán estes días ao noso pobo”.
E indica que “a nosa hostalería sorprenderanos coas súas creacións nesta ponte da Constitución en Foz, que será tamén un bo momento para pasear polas nosas rúas, xa vestidas de Nadal, e para mercar no comercio local”.
As xornadas gastronómicas das tostas están...
leer másFoz acollerá os días 6 e 7 de decembro as xornadas gastronómicas das tostas, que organiza AciaFozCCA
Na cita participan 8 locais hostaleiros: Augas Santas, Cafetería Anduriña, Los Dulces de Delphine, Marexada, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte e Xoyma.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinala que “o que queremos con estas xornadas gastronómicas das tostas é ofrecer unha alternativa na ponte da Constitución tanto para as veciñas e os veciños de Foz como para os visitantes que se achegarán estes días ao noso pobo”.
E engade: “a nosa hostalería sorprenderanos coas súas creacións os días 6 e 7 de decembro en Foz. Será tamén un bo momento para pasear polas nosas rúas e para mercar no comercio local”.
As xornadas gastronómicas das tostas están organizadas por AciaFozCCA, e contan coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.
O Concello de Mondoñedo anuncia que os días 13, 14 e 15 de decembro Mondoñedo ten a súa cita habitual coa arqueoloxía.
“Mondoñedo retoma a actividade divulgativa coa habitual cita arqueolóxica que se ven celebrando en decembro dende fai máis de vinte anos. Son as Xornadas Mindonienses de arqueoloxía que, neste 2024, chegan á súa edición número 24. A cita, que combina charlas e visitas, terá lugar os días 13, 14 e 15 de decembro na Sala de Conferencias do Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro, e será unha edición monográfica sobre a Cova do Rei Cintolo a raíz de todas as investigacións que se estiveron e está a realizar nela dende o ano 2018. Nesta edición, o Concello conta coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía para achegar esta temática. A edición deste ano, dirixida polo arqueólogo municipal Abel Vigo, conta coa...
leer másAMODO, Conversas arredor da gastronomía na Mariña é un encontro vinculado á gastronomía, organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración, na secretaría técnica, de Jorge Guitián e Anna Mayer -profesionais no ámbito de proxectos gastronómicos- e do Colectivo de Gastronomía da Mariña.
Este evento nace do Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña, presentado o pasado mes de xuño en Viveiro, no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense que xestiona a Mancomunidade, e que está cofinanciado entre esta entidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
A presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López, subliñou que “o obxectivo desta convocatoria é posicionar ao territorio da Mariña como un espazo creativo e innovador que reflexiona...
leer másO Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS), organiza as VIII Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que se celebrarán os días 15, 16 e 17 de novembro. Na presentación das xornadas participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; Jesús Fernández, concelleiro do Mar, e Antón López, delegado da FEDAS no noroeste de España.
María Loureiro destacou que se trata dunha cita consolidada a nivel nacional e internacional, perfecta para "dar a coñecer unha parte moi importante da nosa historia e patrimonio a través de grandes expertos".
A rexedora subliñou que "estas xornadas son o primeiro proxecto español de divulgación incluído no Catálogo de Boas Prácticas da Confederación Mundial de Actividades Subacuáticas, celebrada en Roma en 2023...
leer másA quinta edición das Xornadas da Terra de Miranda, que son encontros de debate sobre o medio rural, celebraranse os días 18, 19 e 26 de outubro con actividades na Pontenova, A Ribeira de Piquín, Meira e Riotorto.
Haberá actividades como relatorios, mesas redondas, proxeccións e visitas para analizar “que se estuda?, que se planta no monte e cal é o futuro da nosa terra?”.
É unha iniciativa organizada polos colectivos Muíño de Barxa e Nova Escola Galega.
Mañá arrincan en Ribadeo as XIX Xornadas Mar por Medio. Ata o domingo haberá conferencias, mesa redonda, exposicións, documental e actuacións musicais.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “esta fin de semana terán lugar en Ribadeo as Xornadas Mar por Medio na súa edición número 19. Comezarán ás 10:15 horas do venres co acto inaugural presidido polo conselleiro de Cultura, José López Campos. A continuación, a conferencia inaugural será impartida por don Francisco José Prieto Fernández, arcebispo de Santiago de Compostela, co título Os Camiños de Santiago e a Igrexa. Esta conferencia está enmarcada no título xenérico Os Camiños de Santiago, itinerarios de espiritualidade, tradición e cultura”.
A edil ribadense seguiu a relatar que “outras ponencias versarán sobre as asociacións xacobeas, as...
leer másDo 4 ao 6 de outubro terá lugar en Ribadeo a décimo novena edición das Xornadas Mar por Medio, que organiza a Academia Xacobea coa colaboración do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e as Universidades de Santiago e de Oviedo.
O título elixido para este 2024 é o de Os Camiños de Santiago: itinerarios de espiritualidade, tradición e cultura. Ademais de conferencias e mesas redondas o programa inclúe a exposición As frechas amarelas na Oficina de Turismo, a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo na igrexa parroquial e o concerto de Manoele de Felisa, músico, compositor e cantante.
Entre os poñentes destaca a presenza en Ribadeo do Arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto Fernández.
O alcalde, Dani Vega, destacou que “as Xornadas Mar por...
leer más