O Foro Social de Mariña organiza ás 20 horas dos días 27 e 28 de este mes, no CENIMA de Foz, sendas mesas redondas, coa intención de coñecer máis de preto a realidade e o alcance da xestión que nos concellos da comarca estase a realizar na área de servizos sociais básicos, e dar visibilidade ao traballo social despregado para atender as necesidades dos maiores e das persoas e colectivos vulnerables, así como avaliar a suficiencia dos recursos humanos e materiais empregados na súa atención.
Así mesmo, o Foro Social da Mariña quere agradecer a tódolos concellos da comarca e ás súas áreas de servizos sociais comunitarios a súa colaboración para facilitar a información e os datos precisos para obtermos unha mellor comprensión da realidade e posibilitar a celebración das palestras.
Na primeira mesa redonda, a do día 27, participarán Ignacio Iglesias, traballador social do COTSG; Mª José Redondas, traballadora social dos servizos sociais comunitarios; e Rosa Manín, traballadora social no Concello de Alfoz.
E na mesa do 28 estarán Raquel Arias, deputada autonómica do PP; Olalla Rodil, deputada autonómica do BNG; e Patricia Otero, deputada do PSOE no Congreso.