O libro titulado “Mariña inmaterial. Xeografías míticas e sagradas”, escrito por Rafael Quintía Pereira, será presentado na Sala As Carboeiras, local do Concello de Cervo situado no conxunto histórico artístico de Sargadelos. Será este sábado, 27 de abril, ás 18:00 horas.
No acto participarán o autor, Rafa Quintía; o presidente da asociación Mariña Patrimonio, Manolo Miranda; e Irene Sineiro, editora. “Xuntos exploraremos o rico patrimonio inmaterial da Mariña Lucense, destacando a importancia de preservar as nosas tradicións e lendas para as xeracións vindeiras”, explica a editorial Ouvirmos.