Heroes do Orzán
O Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, acolleu este luns a presentación da XI edición do torneo de fútbol sala base Heroes do Orzán, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros. O torneo celebrarase do 21 ao 25 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), unha sede compartida que busca lembrar a Rodrigo Maseda Lozano, así como estender pola comarca a práctica deportiva á vez que impulsa a economía grazas á chegada de acompañantes das xogadoras e xogadores.
O Vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, estivo acompañado de Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda Lozano; o ...
leer más