Ribadeo acolle a presentación do libro “Tradición oral recuperada das tebras” este venres, 13 de decembro

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia: “o vindeiro venres 13 ás 19:30 horas temos cita co mundo dos libros na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo. Vainos visitar Severino Fernández Abel cun excelente agasallo: unha boa conversa sobre a súa Tradición oral recuperada das tebras”.

Na presentación acompañarán o autor X. Manuel Lobato e Dores Fernández Abel.