A Agrupación Cultural Francisco Lanza presentará o 29 de agosto unha edición facsímile do “Ribadeo Antiguo”

A Agrupación Cultural Francisco Lanza presentará o 29 de agosto unha edición facsímile do “Ribadeo Antiguo”. Será ás 20:30 horas na Biblioteca El Viejo Pancho. 

Participarán o cronista oficial de Ribadeo, e ex presidente da AC Francisco Lanza, Eduardo Gutiérrez Fernández, un representante da Editora Gráficas Lar, de Viveiro, o deputado provincial da Mariña, Daniel García Fernández, e o presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, Farruco Graña.