Teatro Pastor Díaz
O Concello de Viveiro homenaxeará a Rosalía de Castro o día 22 de febreiro, sábado, no Teatro Pastor Díaz. O evento comezará ás 20:30 horas e terá entrada de balde ata completar aforo. Tratarase dun espectáculo multidisciplinar que combinará música, proxeccións e recitacións de poesía da autora. Correrá a cargo de Rafa Fernández (guitarra e composicións), Lara Dopazo (voz) e Iván Torrres (visuais).
“Dende Viveiro sempre celebramos á musa das letras galegas, para nós é referente tanto a nivel cultural como a nivel de muller que mudou as cousas dende un prisma feminista”, afirma a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega. Engadiu que “toda a xente que queira fotografarse con Rosalía ese día e subilo ás redes ten dispoñible o mural que temos na Biblioteca Pública Municipal, e así pode aproveitar o día para coller tamén un...
leer másO Concello de Viveiro presenta a programación do Teatro Pastor Díaz para o último cuadrimestre de 2024, que inclúe 14 actividades e comezará o día 28 de setembro. A primeira representación desta programación será 'Apaga o candil', da compañía Contraproducións, dirixida a un público adulto.
Despois da representación de 'Apaga o candil', a programación proseguirá o día 5 de outubro con 'Cinco minutos sen respirar', de Ítaca Teatro.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que “a 100 anos do seu nacemento, o teatro Pastor Díaz está máis vivo que nunca. Sempre intentamos facer unha programación para todos, con todo tipo de actividades artísticas para todas as idades, dende teatro a música e danza”.
Fernández-Noriega destaca que “para todas as compañías e artistas de...
leer más