Libro

Etiquetas:
19/05/2023

O vindeiro martes, 23 de maio, ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar a presentación do libro “Tan odioso como yo”, de Antonio Rodríguez Baixeras.

Trátase da biografía de Francisco de Toledo, aristócrata do século XVI, que recorreu Europa acompañando a Carlos V e foi nomeado virei do Perú por Felipe II deixando fonda pegada nas súas tres grandes cidades: Cuzco, Lima e Potosí. En América é coñecido sobre todo por ter dirixido a execución do descendente inca Tupac Amaru.

 

Etiquetas:
09/05/2023

Como é percorrer 10.000 millas en bici pola cidade repartindo comida a domicilio? Que acontece con esa experiencia en mans de quen ten capacidade de facer con ela literatura? Que nos aprende de nos e do noso entorno?
 
Este venres, 12 de maio, ás oito e media da tarde, estará na Librería Bahía, de Foz, Xabier Cid para falar de todos estes temas presentes no seu  libro “10.000 millas de andar na bici”.
 
Trátase dunha actividade enmarcada no programa do club de lectura A carón dos libros, que é aberta para todo o público.

 

09/05/2023

Este xoves, día 11, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá presentarase o libro Lume aceso, de Manuel Román Ramos (Manolo de Cartas) e Xosé López González (Pepe de Celeirao). 

Ademais dos autores no acto intervirá a alcaldesa, Rocío López García, e haberá unha colaboración musical a cargo de Lino Rico Fernández e un recital poético de Esperanza Pérez Camba.

Este acto está incluído no programa de actividades das Letras Galegas 2023, dedicadas ao laurentino Francisco Fernández del Riego. Está organizado pola Mesa Coordinadora Don Paco e o Concello de Lourenzá, coa colaboración da Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
23/04/2023

No Salón de Actos da Casa da Cultura  ás 19:00 horas o venres, 28 de abril, o Concello de Alfoz celebrará o Día do Libro.

“Vente desfrutar do espectáculo para público infantil e familiar de Brais das Hortas. Grelos e temazos, cun equilibrio variado de formas e estilos – como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudábel! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenouras, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda á veciñanza para botarlle o sulfato ás viñas. E máis temazos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis. Música e humor...

leer más
Etiquetas:
01/04/2023

O próximo martes, 4 de abril, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía a autora focega Luisa Castro “coa que falaremos da súa última novela Sangre de horchata, que ven de publicar a editorial Alfaguara e do seu poemario Un amor antigo editado por Galaxia a finais do ano pasado”.

Luisa Castro é unha autora fundamental na literatura galega, que iniciou un cambio na poesía dos anos 80 sendo precursora da renovación da poesía galega do momento. Como novelista escribiu sempre en castelán e conta con varios premios do panorama literario español como o premio Azorín ou o finalista do importante premio Herralde. En poesía tamén acadou o premio Hiperión.

Estes últimos anos visitou a poesía en castelán, pero levaba moito tempo sen escribir poesía en galego e sen escribir narrativa,  polo que estas dúas obras que sairon ao...

leer más
Etiquetas:
29/03/2023

A Casa dos Veciños da parroquia de Santo Adrao acollerá este sábado, 1 de abril, ás 19 horas a presentación do libro de Ramón Nicolás titulado Francisco Fernández del Riego, vida e obra dun obreiro do galeguismo. Ademais proxectarase o audiovisual Don Paco volve a Lourenzá, de Arraianos Producións.

Este acto, incluído na programación para celebrar as Letras Galegas 2023 dedicadas a Fernández del Riego, está organizado pola Mesa Coordinadora Don Paco e o Concello de Lourenzá coa colaboración da Real Academia Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
17/03/2023

A asociación sociocultural Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 24 de marzo a presentación do libro A invención da Gallaecia e a minaría romana. Unha tese sobre as orixes de Galiza, de Óscar Pazos Rodríguez, xeólogo e estudoso da minaría de ouro en época romana. A actividade terá lugar no Cenima de Foz e comezará ás 20.00 horas. Mariña Patrimonio elixe para esta ocasión o concello de Foz debido a que precisamente este concello conta con numerosas mostras de minaría antiga, entre as que destaca polas súas dimensións e bo estado de conservación a mina romana da Espiñeira, na desembocadura do Masma.

Segundo Óscar Rodríguez “o gran ciclo mineiro do ouro galaicorromano amorea unha chea de interrogantes arqueolóxicos, mineiros e xeolóxicos por resolver, mais sobre todo constitúe un problema histórico de seu que ten moitísima relevancia...

leer más
Etiquetas:
08/03/2023

Este venres, 10 de marzo, ás oito e media da tarde terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a presentación do libro “As aldeas da memoria”, editado pola Deputación de Lugo.

Estarán no acto os autores do libro: o fotógrafo Laurentino Nachok e o poeta Baldo Ramos aos que acompañarán o escultor Caxigueiro e o músico Mano Panforreteiro.

Desde Librería Bahía explican: “tratarase, pois, dun acto que fai dialogar palabra, imaxe e música e que protagonizarán artistas da Mariña coa presenza tamén do poeta Baldo Ramos, que se achegará ata Foz para esta presentación”.

 

02/02/2023

O libro titulado Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, escrito por Malores Villanueva Gesteira, será presentado no Pazo de Tovar este sábado, 4 de febreiro, ás 18:00 horas. 

Ademais da autora da publicación, no acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e Xosé Luis Fernández Rivera, membro da Mesa Coordinadora Don Paco.
Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.

 

28/01/2023

A reedición do libro titulado Lourenzá, escrito por Francisco Fernández del Riego, será presentada no salón de actos do Concello de Lourenzá o vindeiro martes, 31 de xaneiro, ás 20 horas. Esta obra de Fernández del Riego foi reeditada polo Concello de Lourenzá e Editorial Galaxia. 

No acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; Manuel Román Ramos, historiador estudoso da obra de Del Riego; e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.