O libro “Cuaderno de viaje al País Natal”, de Alfonso Armada, preséntase o 10 de maio en Mondoñedo

O día 10 de maio, venres, ás 19:30 horas presentarase no xardín da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro o libro de Alfonso Armada titulado “Cuaderno de viaje al País Natal”.

O Concello de Mondoñedo explica que “é un libro froito dunha proposta do seu primeiro xornal, Faro de Vigo, que levou de volta, ao autor, ao seu país natal e á súa infancia, pasando por Mondoñedo, polo Mondoñedo de Cunqueiro. Nun entorno cunqueiriano o autor falará desta obra de viaxes moi ao estilo do mindoniense universal. A presentación contará con presenza institucional por parte do Concello de Mondoñedo”.