Libro
O vindeiro martes, 6 de setembro, ás 12:30 horas a Casa da Cultura Manuel María, de Foz, acollerá a presentación do último libro de Pepe Otero, titulado O mito da razón e outros relatos. Os beneficios das vendas desta publicación destinaranse ao banco de alimentos focego.
Neste libro o autor, moi recoñecido na Mariña e docente durante moitos anos no IES de Foz, realiza unha selección dos seus últimos artigos de opinión publicados en prensa. No acto intervirán o ex director da Real Academia Española Darío Villanueva e o escritor Ramón Reimunde.
Os beneficios obtidos das vendas do libro destinaranse integramente ao banco de alimentos municipal de Foz. A alcaldesa en funcións, Inés López Couto, agradece “a xenerosidade de Pepe Otero cos veciños e veciñas de Foz. O departamento de Servizos Sociais utilizará os...
leer másO Concello de Viveiro celebra desde o venres, día 12, e ata o luns 15 nos Xardíns Noriega Varela a Feira do Libro 2022 ‘Movémonos cos Libros’, cunha ampla oferta cultural e encontros con diferentes escritores e escritoras.
Esta mañá presentaron a feira a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, e María del Cielo Fernández, vicepresidenta da Federación de Librarías de Galicia.
A pregoeira será María Carmen Lage López, antiga propietaria da libraría Porta de Vila de Viveiro, e a pregoeira infantil Iria Pérez Giz, nunha inauguración oficial que será o venres ás 13:00 horas.
“Durante catro días, Viveiro será a capital do libro en Galicia e asistiremos ao encontro entre os escritores e escritoras que participarán na feira e os seus...
leer másO venres, 29 de xullo, ás 21:00h celebrarase na Libraría Bahía unha conversa con María López Sández –autora recén ingresada na Real Academia Galega- e Miguel Fraga Vila, fotógrafo. Ámbolos dous, xunto con María Isabel Fraga Vila, son os autores do libro O Herbario de Rosalía, el encargado das fotografías que o nutren e ela do texto.
Este libro nace dun proxecto de investigación sobre as flores e as plantas presentes na obra de Rosalía de Castro que se concretou nun herbario con 150 pregos que estivo exposto no Real Xardín Botánico de Madrid e finalmente neste libro editado pola Fundación Rosalía de Castro.
No libro, igual que no resto do proxecto, únese ciencia e literatura, bioloxía e poesía e nel atopamos versos e textos de Rosalía dedicados a cada planta e flor xunto coas características botánicas das mesmas...
leer másDespois de estarpor Foz, Valadouro e Mondoñedo,Raquel Amieiro e Pepe Peinóvisitan A Pontenovapara presentar o seu libro “Un año contigo”, convidados pola asociación de Mulleres Rurais do concello.
O libro, escrito maioritariamente durante o confinamento, narra as experiencias de Raquel co cancro durante o ano 2019, as operacións e tratamentos aos que se tivo que someter e as vivencias emocionais que a enfermidade supuxo.
A presentación será o vindeiro venres, 15 de xullo, ás 21:00h, no Salón de Actos da Casa da Cultura da Pontenova. Contará coa intervención dos autores e do profesor Bernardo Penabade, así como da actuación do grupo de música tradicional "A Chocolateira".
O martes, 28 de xuño, ás oito e media da tarde, estará na Libraría Bahía a esritora Xita Rubert para presentar a súa nova novela Mis días con los Kopp editada pola editorial Anagrama.
Mis días con los Kopp, é unha novela de iniciación na que a autora aborda temas como a paternidade, a enfermidade ou a hipocresía social, cun estilo moi elaborado e unha profundade de análise sorprendente nunha escritora tan nova.
Xita Rubert, moi vencellada a Foz por ser filla da escritora focega Luisa Castro, presentará no que dalgún xeito é tamén o seu pobo, esta súa primeira novela coa que comeza unha carreira literaria que agardamos sexa moi frutífera.
O salón de actos da Casa da Cultura de Foz acolle a presentación do libro Un año contigo de Raquel Amieiro e Pepe Peinó. O acto terá lugar este venres, 24 de xuño, ás 20:00 horas.
Xunto aos autores intervirá a psicóloga Teresa Pérez.
A presentación estará amenizada musicalmente polas cancións interpretadas por Aída Río.
Un año contigo aborda a experiencia persoal de Raquel Amieiro desde que, no ano 2019, diagnosticáronlle un tumor maligno nunha mama. A través das páxinas do libro vainos contando a súa vida durante ese fatídico ano, espallando entre os detalles médicos todas as vivencias e reflexións que, inevitablemente, acompañan o proceso.
O vindeiro xoves, 9 de xuño, ás 20:30 horas na Casa do Viejo Pancho, terá lugar a presentación do libro de Francisco Rodríguez Sánchez,"Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV). I. A relevancia do reino galego medieval" (editado pola AS-PG.).
No acto falarán: Falarán Farruco Graña (presidente da A.C. Franciso Lanza) e o propio autor da publicación, Francisco Rodríguez Sánchez.
O acto está organizado pola asociación Francisco Lanza e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Este venres, 3 de xuño, ás oito e media da tarde na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar un encontro coa escritora Antía Yáñez e a psiquiatra Iria Veiga para falar da novela Non penses nun elefante rosa da escritora burelesa.
Este encontro celébrase dentro das actividades promovidas pola libraría no marco do club de lectura A carón dos libros e é aberto para todo o público que desexe asistir.
“Na novela de Antía Yáñez a enfermidade mental é unha das grandes protagonistas encarnada nunha muller que padece un trastorno obsesivo-compulsivo. De aí que, xunto coa autora, contemos coa psiquiatra Iria Veiga, no diálogo coas dúas pretendemos afondar na novela e tamén na realidade das enfermidades mentais, realidade presente sempre na nosa sociedade pero sistematicamente ignorada ou tratada desde os prexuízos e o estigma...
leer másO vindeiro mércores, 1 de xuño, ás 20 horas, terá lugar no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, a presentación do libro Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV ) da que é autor o historiador Francisco Rodríguez Sánchez.
A obra percorre a etapa medieval de esplendor do reino de Galiza e a posterior crise da segunda metade do século XIV e está feita coa vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre este período se teñen producido. O libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia.
A presentación correrá a cargo de Xulia Canoura, profesora xubilada e o acto está organizado pola Fundación Galiza Sempre e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.