Hipotecas
Ribadeo acollerá unha charla informativa sobre os gastos hipotecarios para animar ás persoas a reclamar antes de que remate o prazo. A cita terá lugar este venres, 15 de marzo, ás 20 horas na Oficina de Turismo.
A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, explica que “a actividade enmárcase no ciclo de actividades informativas que a Unión de Consumidores de Galicia puxo en marcha en febreiro para explicar ás persoas consumidoras que aínda non o fixeron como poden reclamar os gastos dos préstamos hipotecarios formalizados antes da entrada en vigor da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario”.
A edil ribadense indicou que “o obxectivo desta actividade é informar á cidadanía dos importes que poden reclamar, do prazo do que dispoñen así como da documentación e...
leer más