Teatro
O venres 11 de outubro chega a San Miguel de Reinante "Cóntoche un traxe", da man de Montse Rivera. Será ás 17:30 horas nos colexios vellos, con entrada gratuíta.
É unha actividade organizada pola asociación O Arco da Vella, que anuncia: “mergúllate nesta viaxe no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos tátara-tátara-avós. A narración de Montse estará acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega e proxección de imaxes de traxes tradicionais e materiais cos que se fabrican as teas. E ao final do camiño, catro participantes acabarán vestidos como os nosos ancestros”.
A compañía Trémola Teatro representará a obra infantil titulada “Anuncio por palabras” este venres, 27 de setembro, na Casa da Cultura do Valadouro ás 19:00 horas.
É unha actividade de narración oral, dirixida a nenos e nenas de máis de 3 anos de idade, que está incluída dentro do programa Ler conta moito, para a dinamización das bibliotecas.
Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.
O Concello de Burela organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, diferentes actividades para promover a lectura nas próximas semanas. Todas elas serán de balde e aptas para un público infantil e familiar, e terán lugar os sábados na Casa da Cultura de Burela. A primeira delas será o espectáculo 'Radio BuleBule', de Paco Nogueiras, este sábado 28 de setembro ás 18:00 horas.
Contraproducións chega a Viveiro este sábado, 28 de setembro, con “Apaga o candil” da man de Cándido Pazó. Será ás 20:30 horas.
A venda de entradas: De luns a xoves, no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es ou na taquilla unha hora antes da función.
Sipnose:
O tempo da ficción dramática sitúase no intre do derradeiro alento d’O Xestal, finado á idade temperá de 59 anos. No lusco e fusco entre a vida a morte.
A peza toma como punto de inspiración estrutural e argumental os clásicos contos da visita da morte, unha tipoloxía de historias tradicionais universais que responden a un esquema máis ou menos semellante: un personaxe topa coa morte que lle vén anunciar que o seu final é...
leer másA asociación cultural O Pasatempo anuncia que “este sábado, 28 de setembro, ás 19 horas no Auditorio de Mondoñedo, as nosas amigas de Lîlâ Teatro presentan a obra titulada Rara Avis”. Con entrada de balde.
“Disfruta dunha xornada teatral antes de As Vésperas dos nosos amigos do BreaSon!!!”, engade O Pasatempo.
O grupo de teatro Os Baluros, de Castro de Rei, actuará na Pontenova este sábado, día 21 de setembro.
Representará a obra titulada “Vaise pechar outra casa máis” ás 20:30 horas na Casa da Cultura.
A Casa da Cultura de Alfoz acollerá a representación da obra A Presa do Grupo Humorístico Trípode, o 28 de setembro ás 21:00 horas.
Trátase dunha historia baseada en feitos reais e conta a loita da veciñanza de Fontefría contra o proxecto dun encoro que asolagará a súa aldea.
Organizan este evento: Concello de Alfoz e Deputación de Lugo.
Burela acolle, na Casa da Cultura, unha representación da obra teatral 'Boa Sorte Mala Fama", da compañía Tarabela Creativa.
Terá lugar o día 20 de setembro, venres, ás 21:00, con entrada a 4€. Está dirixida a un público adulto, a partir dos 13 anos de idade.
A obra conta con texto e dirección de Carmen Conde, que tamén actúa na mesma xunto a Nastasia Zürcher e Mariña Pena.
Trátase dunha traxicomedia en tres actos, na que tres mulleres representan o rostro menos institucional e máis incómodo da emigración galega, a través da narración oral, a música ao vivo e a interpretación actoral.
"Coincidindo co centenario das escolas vellas de Burela, esta representación é unha oportunidade perfecta para reflexionar sobre o papel das escolas de migrantes na transmisión da...
leer másO Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta na Pontenova a obra de teatro titulada “O traballo de Andrea”, orixinal de Ignasi García Barba, con tradución e adaptación de Ramón Casas Oroza. Será na Casa da Cultura este domingo, 15 de setembro, ás 19:00 horas.
“O traballo de Andrea” é unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a postguerra. Andrea é unha moza que está preparando a súa tese de doutoramento. Para iso decidiu facer un traballo de investigación sobre o destino que correron os exiliados da súa vila ao final da Guerra Civil. A súa intención é reunir as súas vivencias e propor ás autoridades que lles fagan algún tipo de homenaxe. “O traballo de Andrea” é un drama. O drama no que se ve metida unha rapaza que o único que busca e descubrir a verdade. O drama dunha vida...
leer másA cuarta edición de Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural no que participan compañías de teatro, danza e artes do movemento e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, iniciará esta fin de semana a súa andaina polo territorio galego da man do Ciclo Constelacións, a programación itinerante de corte xeneralista que conforman 15 propostas diferentes. Este venres 13, ás 19.00 horas, a praza compostelá de Praterías acollerá o espectáculo inaugural Check Out, do asturiano Adrián Conde, unha proposta dirixida a público de todas as idades, especialmente o infantil. En caso de choiva, a función -prevista inicialmente para a praza da Quintana-, terá lugar no Salón Teatro. Nos dous casos, o acceso será de balde ata completar capacidade.
Check out é unha das propostas máis premiadas este ano en Asturias. Adrián Conde foi galardoado...
leer más