Trémola Teatro representará a obra infantil “Anuncio por palabras” no Valadouro este venres, 27 de setembro

A compañía Trémola Teatro representará a obra infantil titulada “Anuncio por palabras” este venres, 27 de setembro, na Casa da Cultura do Valadouro ás 19:00 horas.

É unha actividade de narración oral, dirixida a nenos e nenas de máis de 3 anos de idade, que está incluída dentro do programa Ler conta moito, para a dinamización das bibliotecas.

Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.