Teatro
O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, representará a obra titulada Marina Club no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este sábado, día 22 de febreiro, ás 19:00 horas.
Esta representación está incluída na programación Seráns de teatro, organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal da Devesa.
Las entradas para asistir a esta cita el 7 de marzo a las 20:30 horas se pueden adquirir desde hoy en Rasca y Pica y en Multitiendas Teresa. Lo recaudado irá destinado a costear el viaje de fin de curso del grupo que protagoniza esta obra y de sus compañeros de instituto, del IES de Ribadeo y del CIFP Porta da Auga.
La Moderna será toda una sorpresa para los asistentes. Se trata de una función biográfica sobre alguien que protagonizó un capítulo importante de la historia de Ribadeo. Todo comenzó en 1896.
Bajo el nombre de El Cisne Negro está un elenco de jóvenes actrices y actores, que espera cautivar al público de Ribadeo con esta función, que les servirá para despedirse tras años de estudios y amistad juntos para emprender nuevos caminos.
El cartel es autoría de una joven estudiante...
leer másCorentena · Game Over, a nova proposta dos cómicos Xosé A. Touriñán e David Perdomo, que chega o 14 de marzo, venres, ás 20:30 horas ao Auditorio da Casa da Cultura de Burela.
Este espectáculo é a continuación de Corentena, que levou ao teatro as conversas que estes dous cómicos compartiron en Instagram durante a pandemia e que se converteu nun dos grandes éxitos da pasada temporada, con máis de 20.000 espectadores. Agora, con Corentena · Game Over, dan un paso máis alá, mesturando teatro e videoxogos nunha experiencia interactiva e chea de humor.
As entradas están xa á venda en www.corentena.gal e en Ataquilla.
Este domingo, día 16 de febreiro, ás 17:00 horas o Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá a representación de Hugo, unha obra da compañía Os Náufragos.
O Concello de Ribadeo anuncia que esta obra “aborda as microdiscriminacións diarias das persoas con TEA. Unha peza emotiva que reflexiona sobre a empatía, a necesidade de comunicarnos e a beleza da diferenza”.
A cita será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. As gardiás, ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez, é unha comedia.
O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor....
leer másO grupo teatral focego Pico do Castro representará a obra titulada Trato a cegas este sábado, día 8 de febreiro, en Marzán (Foz). Será ás 19:30 horas no Local da Antiga Báscula.
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños O Torques de Marzán.
Será a partir das 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. A duración desta comedia é de 70 minutos.
Sipnose: Que é o que máis desexas nesta vida? Queres fama? Diñeiro? Poder? Amor? Sexo? Ata onde chegarías para conseguilo? Amosarías detalles íntimos da túa vida? Ensinarías o teu corpo por diñeiro? Que farías para evitar que a túa parella te deixara? E para conseguir seguidores?
Desexo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como van afrontando o seu día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos.
É unha obra sobre a pornografía, tanto a real como a social; unha reflexión cómica sobre un mundo que cada vez vai máis rápido, onde aprendemos nas redes, e onde todo, absolutamente todo, queda exposto.
... leer másO grupo de teatro Aturuxeiros de Bravos representará a obra titulada Vaia co pronóstico este domingo, día 2 de febreiro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.
Esta actividade está organizada polo Concello de Viveiro e o prezo da entrada é de 4 euros.
Teatro do Noroeste representa a obra titulada Guerra, escrita e dirixida por Eduardo Alonso, en Ribadeo este domingo, día 2 de febreiro. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas.
A sinopse é a seguinte: “nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no teatro europeo, desde Shakespeare até Lorca, enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución”.
Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez son os intérpretes de Guerra, que conta coa dirección musical de Bernardo Martínez, a...
leer másO grupo mariñao Trípode Teatro representará a obra para todos os públicos titulada A presa na Casa da Cultura do Vicedo. Será o sábado 15 de febreiro ás 20 horas.
A presa é “unha crítica á perda de humanidade que pode supoñer a modernidade, un canto louvando a importancia das orixes e da natureza”, explica o grupo Trípode.