concurso

10/12/2024

A Biblioteca Pública Municipal de Burela convida á cativada do municipio a participar na nova edición do seu Concurso de Postais Nadal 2024. O prazo para entregar os traballos na biblioteca, sen asinar e xunto a un sobre pechado cos datos da persoa participante, rematará este venres 13 de decembro ás 20:00 horas.

A postal deberá ter como tema O Nadal e ser realizada en cartolina cun tamaño aproximado de 15x21 centímetros pechada e 30x21 centímetros aberta. A técnica será libre. Poderán participar todos os nenos e nenas de Burela en idade escolar, e haberá catro categorías: Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria e mais 5º e 6º de Primaria.

Os traballos serán expostos ao público na Sala de Arte da Casa da Cultura dende o día 23 de decembro ata o 25 de xaneiro de 2025.

Etiquetas:
07/12/2024

A Oficina de Turismo do Concello de Alfoz convoca un concurso de fotografía da Estrela do Castelo de Pardo de Cela en Facebook e Instagram.

Para participar hai que seguir as contas de turismo de Alfoz en Facebook ou Instagram, comentar a publicación sobre este concurso e publicar unha fotografía da estrela do Castelo de Pardo de Cela.

“Se segues todos estes pasos tes premio asegurado e para recollelo deberedes pasar no horario de apertura da Oficina de Información Turística: venres de 15:00 a 18:30 horas; e sábados, domingos e festivos, de 10:30 a 14:00 e 15:00 a 18:30 horas”, explica o Concello de Alfoz.

O prazo para participar remata o 15 de xaneiro.

Etiquetas:
23/11/2024

Os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro celebrarase o habitual concurso de tapas da cidade episcopal. O evento, organizado pola hostalería de Mondoñedo, conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo.

O Concello de Mondoñedo anuncia que “vén de presentarse un habitual da gastronomía da provincia de Lugo dos finais de novembro, o concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, para que podas “Rematar novembro e comezar decembro tapeando en Mondoñedo! Un ano máis a hostalería da cidade episcopal ten lista unha nova edición do concurso de tapas de Mondoñedo no que combinan o produto local de primeira calidade coa creatividade da cociña mindoniense. As datas de celebración serán o venres día 29 de 20 a 23 horas, sábado 30 de novembro de 12 a 15 horas e de 20 a 23 horas e...

leer más
23/11/2024

A Biblioteca Pública Municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca o seu xa tradicional concurso de postais de Nadal. Poderá participar todo o alumnado do concello de Foz, nas tres categorías existentes: Educación Infantil, Primaria A (1°, 2° e 3°) e Primaria B (4°, 5° e 6°). Dende este luns, día 25 de novembro, poderán entregarse os traballos na propia biblioteca e recolleranse ata o día 12 de decembro ás 20.00 horas.

O tema será o Nadal, acompañado de elementos representativos de Foz, xa que a postal gañadora será a que o Concello utilice como felicitación oficial.

A técnica será libre, sempre e cando non leven elementos que sobresaian e os traballos deberán realizarase en cartolina dun tamaño de 16x11cm. Se se inclúe texto este deberá ser en galego.

“Estamos moi contentos de levar a cabo...

leer más
Etiquetas:
09/10/2024

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o IX Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” baixo o lema “Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta”, que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2025 coas mellores fotografías de recunchos da localidade. O prazo de presentación de orixinais rematará o día 30 de novembro.

“As fotos presentaranse en soporte dixital no seguinte enderezo de correo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com. Deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2024”. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto. Unha foto por participante. Dende o Concello queremos lembrar que debes enviar as fotos en formato jpg, tif ou bmp e cunha calidade de máis...

leer más
Etiquetas:
04/10/2024

Burela albergará no pavillón do CEIP Virxe do Carme o Reto Panush 2024, que consistirá na montaxe dun puzzle xigante de 30.200 pezas, e nun concurso de puzzles por equipos. A montaxe do crebacabezas XXXL Jan Van Haasteren comezará ás 10:00 da mañá do sábado 19 de outubro. O concurso, por outra banda, terá lugar a partir das 11:00 horas do domingo 20.

As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse nas actividades nas webs...

leer más
Etiquetas:
01/08/2024

O Concello de Burela, a través da Concellería de Cultura, convoca o primeiro Concurso de Pintura e Arte Urbana en Contedores Contén-Arte, que se desenvolverá entre o 31 de agosto e o 1 de setembro.

O concurso está aberto a persoas ou grupos de persoas maiores de idade, que poderán presentar un só proxecto, orixinal e inédito. Serán seleccionadas ata un máximo de 10 persoas participantes, que deberán facer, con técnica libre. unha obra relacionada co mundo do mar. As inscricións deberán incluír bosquexo da obra, título, datos persoais, fotos do DNI de cada participante, teléfono e correo electrónico da persoa responsable, lista de material necesario e número de conta bancaria.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de agosto ás 14:00. Pódese consultar as bases completas na sede electrónica do Concello, na...

leer más
Etiquetas:
28/06/2024

O Concello de Xove, a través da Concellería de Medio Ambiente, convoca o X Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. O obxectivo deste concurso é potenciar a participación cidadá na protección da paisaxe e o medio ambiente. Haberá unha única categoría, cos seguinte premios: primeiro, 120 euros; segundo, 100 euros; terceiro, 90 euros; cuarto, 75 euros; e quinto, 65 euros.

A temática do concurso é “Xove, a súa costa e o seu mar”. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes. En ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas das participantes. Cada participante asinará unha declaración responsable de ser a/o autor/a das fotografías que presenta. No caso de que o/a participante sexa menor de idade a declaración responsable será asinada polo seu nai/pai ou titor/a legal...

leer más
Etiquetas:
07/06/2024

O Concello de Xove comunica as gañadoras e gañador do concurso medio ambiental “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”. A entrega de obsequios a tod@s os participantes e de trofeos aos gañadores realizarase o mércores 12 de xuño ás 20:00 horas no salón de plenos municipal.

Na categoría infantil a foto con máis me gusta foi a titulada “Mateo coidando a súa horta”, de Mateo Costa Rodríguez. Na categoría xuvenil a foto con máis me gusta foi “Cascada do muíño Regosanguento”, de Carla Casabella Puñal. E na categoría adultos a foto con máis me gusta foi “Toxos, mar y nubes, pero al final sale el sol siempre”, de Begoña Amor Ruiz.

 

Etiquetas:
17/05/2024

O Concello de Xove convoca a terceira edición do concurso fotográfico para conmemorar o Día do Mundial do Medio Ambiente co título “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”. O prazo de recepción dos traballos rematará o venres 24 de maio de 2024 ás 00.00 horas.

O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Xove co obxecto de, mediante a imaxe e a súa reflexión, incentivar a participación cidadá na protección do medio ambiente, anuncia as bases para a participación no III Concurso Fotográfico do Día Mundial do Medio Ambiente.

Explican que “coa posta en marcha deste concurso preténdese potenciar coñecemento do medio natural do noso concello. Para a consecución deste obxectivo buscamos a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, río, xardín, árbore, pena,…) do concello de Xove. Pode...

leer más