Casa da Cultura
As cancións serán protagonistas no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova este sábado, día 11 de xaneiro, a partir das 20:00 horas, co playback que se celebra tradicionalmente por estas datas nesta localidade.
Esta actividade, organizada polo Concello da Pontenova, conta habitualmente con moita participación e congrega a numeroso público.
A Pontenova acollerá este domingo, día 29 de decembro, unha representación da súa Escola Municipal de Teatro, que ofrecerá a obra titulada Como está o mercado!
Será ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
O Concello de Valadouro organiza a proxección da película "Teddy, la Magia de la Navidad" este venres, día 27 de decembro, ás 17:30 horas, na Casa da Cultura. É unha actividade para público infantil e familiar.
O argumento da película é: “a paz do Nadal cae sobre o pequeno pobo, pero no mercado hai unha actividade frenética. Mariann descobre un oso de peluche no estante superior. Está vivo? Mariann debe conseguir o peluche como sexa...”.
Trabada acollerá a proxección da película '20.000 especies de abejas' como parte das actividades para conmemorar o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Esta actividade terá lugar na Casa da Cultura de Trabada ás 18:00 horas do domingo 24 de novembro.
Este filme está dirixido por Estibaliz Urresola Solaguren e foi lanzado en 2023.
O alcalde, Rubén García, sinala que “é fundamental seguir loitando contra a violencia machista en todas as súas manifestacións, para así lograr por fin erradicala da nosa sociedade. A cultura e a educación xogan un papel fundamental nesta loita para sensibilizar á poboación sobre a súa importancia polo que seguiremos impulsando actividades como esta para remar nesa dirección”.
A sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela acollerá a mostra titulada “Sobre as nosas cabezas”, da fotógrafa e artista Cristina Castro. A súa inauguración terá lugar este venres, día 25 de outubro, ás 19:00 horas. A partir de aí poderase visitar a exposición de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas ata o 15 de novembro.
O Concello de Burela explica que nesta mostra “Cristina Castro amosa un percorrido que nace en 2005 en Guinea Bisau, conectando as imaxes de mulleres cargando sobre as súas cabezas nese país e en Galicia. A investigación sobre este fenómeno levou á artista a retratar para esta exposición a mulleres de Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana e India. O seu obxectivo é abordar temáticas como o non ao maltrato, non ao racismo, si á igualdade, si ao respecto á natureza, si á solidariedade, si ao...
leer másO Concello de Cervo anuncia: “este xoves, día 10 de outubro, temos unha cita importante con motivo do Día Mundial da Saúde Mental: a inauguración da mostra Conecta co mar. O mar é vida”.
O acto será na sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 11:30 horas.
A Casa da Cultura de Burela albergará un espectáculo de Trécola Producións titulado “Historia dunha gaivota”. Será ás 18:00 horas deste sábado, día 12 de outubro, con entrada de balde.
Dirixido a un público infantil e familiar, este espectáculo é “unha divertida reflexión sobre a cooperación e a amizade”, anuncia o Concello de Burela, que inclúe esta actividade no programa Ler Conta Moito, que ten como obxectivo promover a lectura.
O narrador e músico Caxoto presentará o seu espectáculo titulado “Grandes éxitos: 2004-2024” este sábado, día 5 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Burela.
É unha actuación incluída na programación cultural do Concello de Burela, que organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, diferentes actividades para promover a lectura. Todas elas son de balde e aptas para un público infantil e familiar e teñen lugar os sábados na Casa da Cultura de Burela.
O Concello de Foz anuncia: “neste mes de outubro en Foz poderemos volver gozar do mellor cine galego, coa volta do Ciclo Mestre Mateo, por cuarto ano consecutivo”.
A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, explica que “os mércores e xoves a partir das 20 horas na Casa da Cultura proxectaremos os documentais, longametraxes e curtas seleccionadas como mellores neste ano 2024. Ademais o domingo 13 ás 18:00 horas teremos unha longametraxe para todos os públicos”.
O grupo de teatro Os Baluros, de Castro de Rei, actuará na Pontenova este sábado, día 21 de setembro.
Representará a obra titulada “Vaise pechar outra casa máis” ás 20:30 horas na Casa da Cultura.