O venres 11 de outubro chega a San Miguel de Reinante "Cóntoche un traxe", da man de Montse Rivera. Será ás 17:30 horas nos colexios vellos, con entrada gratuíta.
É unha actividade organizada pola asociación O Arco da Vella, que anuncia: “mergúllate nesta viaxe no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos tátara-tátara-avós. A narración de Montse estará acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega e proxección de imaxes de traxes tradicionais e materiais cos que se fabrican as teas. E ao final do camiño, catro participantes acabarán vestidos como os nosos ancestros”.