Teatro

24/09/2024

A asociación cultural O Pasatempo anuncia que “este sábado, 28 de setembro, ás 19 horas no Auditorio de Mondoñedo, as nosas amigas de Lîlâ Teatro presentan a obra titulada Rara Avis”. Con entrada de balde.

“Disfruta dunha xornada teatral antes de As Vésperas dos nosos amigos do BreaSon!!!”, engade O Pasatempo.

19/09/2024

O grupo de teatro Os Baluros, de Castro de Rei, actuará na Pontenova este sábado, día 21 de setembro.

Representará a obra titulada “Vaise pechar outra casa máis” ás 20:30 horas na Casa da Cultura.

Etiquetas:
15/09/2024

A Casa da Cultura de Alfoz acollerá a representación da obra A Presa do Grupo Humorístico Trípode, o 28 de setembro ás 21:00 horas. 

Trátase dunha historia baseada en feitos reais e conta a loita da veciñanza de Fontefría contra o proxecto dun encoro que asolagará a súa aldea.

Organizan este evento: Concello de Alfoz e Deputación de Lugo. 

 

Etiquetas:
13/09/2024

Burela acolle, na Casa da Cultura, unha representación da obra teatral 'Boa Sorte Mala Fama", da compañía Tarabela Creativa.

Terá lugar o día 20 de setembro, venres, ás 21:00, con entrada a 4€. Está dirixida a un público adulto, a partir dos 13 anos de idade.

A obra conta con texto e dirección de Carmen Conde, que tamén actúa na mesma xunto a Nastasia Zürcher e Mariña Pena.

Trátase dunha traxicomedia en tres actos, na que tres mulleres representan o rostro menos institucional e máis incómodo da emigración galega, a través da narración oral, a música ao vivo e a interpretación actoral.

"Coincidindo co centenario das escolas vellas de Burela, esta representación é unha oportunidade perfecta para reflexionar sobre o papel das escolas de migrantes na transmisión da...

leer más
Etiquetas:
12/09/2024

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta na Pontenova a obra de teatro titulada “O traballo de Andrea”, orixinal de Ignasi García Barba, con tradución e adaptación de Ramón Casas Oroza. Será na Casa da Cultura este domingo, 15 de setembro, ás 19:00 horas.

“O traballo de Andrea” é unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a postguerra. Andrea é unha moza que está preparando a súa tese de doutoramento. Para iso decidiu facer un traballo de investigación sobre o destino que correron os exiliados da súa vila ao final da Guerra Civil. A súa intención é reunir as súas vivencias e propor ás autoridades que lles fagan algún tipo de homenaxe. “O traballo de Andrea” é un drama. O drama no que se ve metida unha rapaza que o único que busca e descubrir a verdade. O drama dunha vida...

leer más
Etiquetas:
11/09/2024

A cuarta edición de Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural no que participan compañías de teatro, danza e artes do movemento e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, iniciará esta fin de semana a súa andaina polo territorio galego da man do Ciclo Constelacións, a programación itinerante de corte xeneralista que conforman 15 propostas diferentes. Este venres 13, ás 19.00 horas, a praza compostelá de Praterías acollerá o espectáculo inaugural Check Out, do asturiano Adrián Conde, unha proposta dirixida a público de todas as idades, especialmente o infantil. En caso de choiva, a función -prevista inicialmente para a praza da Quintana-, terá lugar no Salón Teatro. Nos dous casos, o acceso será de balde ata completar capacidade.

Check out é unha das propostas máis premiadas este ano en Asturias. Adrián Conde foi galardoado...

leer más
04/09/2024

Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural no que participan compañías de teatro, danza e artes do movemento e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, intensificará a súa presenza no territorio galego na súa sexta edición, que se celebrará do 13 de setembro ao 27 de outubro baixo o lema A oportunidade do agarimo. Un total de 13 localidades do país, dúas máis que no 2023, contarán con funcións desta iniciativa. 

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá a presentación da programación en Galicia, que comezará o venres 13 en Santiago de Compostela. A partir de aí, algunhas das creacións escénicas máis interesantes da carteleira percorrerán escenarios históricos ou espazos singulares de Vilalba, Melide, Carballo, Vimianzo, Lugo, Ames, Arzúa, Ribadeo e Viveiro; sedes ás que este ano CEN suma Foz e Outes, á vez...

leer más
04/09/2024

O Concello de Viveiro continúa coa programación da súa Ruada de Contos 2024, con dous novos esta semana no Atrio de Santa María. O primeiro será "Fazulas e o ladrón de paraugas", a cargo de Bandullo Azul, este xoves, 5 de setembro. O seguinte será "As nosas letras", do Mago Teto, ao día seguinte, o venres 6 de setembro. En ambos casos os contos comezarán ás 19:00 horas. En caso de choiva a actividade trasladarase do Atrio de Santa María á sala multiusos do Concello de Viveiro.

O Concello de Viveiro explica que “a Ruada de Contos é una iniciativa xa consolidada no verán para a cativada viveirense, e esta nova edición tivo comezo no pasado mes de agosto”.

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que esta iniciativa pretende "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos...

leer más
03/09/2024

O grupo de teatro A Adala, de Fazouro (Foz), representará a obra Marina Club na parroquia de As Negradas, no concello do Vicedo, este sábado, día 7 de setembro.

Será ás 19:30 horas no local social da Asociación de Veciños O San Miguel, colectivo que organiza esta actividade, coa colaboración da Área de Cultura, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

27/08/2024

A trixésimo oitava edición da Semana do Teatro Afeccionado do Valadouro celebrarase desde o día 31 de agosto, sábado, ata o 6 de setembro, venres, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro, con entrada de balde. Todas as representacións serán ás 22:00 horas.

O Concello do Valadouro anuncia: “nesta edición contamos con grupos de fóra e do sur da provincia de Lugo, sen esquecernos da representación mariñá nin dos grupos locais. Un dos grupos é a primeira vez que acude ó Valadouro e o resto é raro que se hai obra en cartel non acudan ó escenario da Casa da Cultura dentro da programación da Semana do Teatro ou mesmo noutras citas que coordina a Concellería de Cultura do Concello do Valadouro. Para que este programa se leve adiante cóntase coa axuda Xunta de Galicia”.

O día 31 de agosto o grupo da...

leer más