San Miguel
Este venres, día 28 de febreiro, dá comezo a programación da Feira do San Rosendo 2025 ás 20:00 horas coa segunda edición da degustación de tapas elaboradas a base de carne de poldro de Pura Raza Galega polos bares de San Miguel, financiada pola Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través do seu programa Un gusto de rural, un rural degusto.
O sábado, 1 de marzo, haberá misa con procesión ás 13:00 horas, seguida da actuación da sección infantil da Agrupación Folclórica O Arco da Vella. Ao remate, sesión vermú co conxunto viveirense Escolma de Meus. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, disputarase un torneo aberto de billarda nas inmediacións da festa. Á noite, máis tapas de carne de poldro e verbena dende as 22:00 horas coa orquestra Los Satélites.
O domingo 2, día grande, a partir das...
leer másSan Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, celebrará a festa e feira de San Rosendo os días 1 e 2 de marzo, sábado e domingo.
A Comisión de Festas San Rosendo, de San Miguel de Reinante (Barreiros) anuncia: “este ano volvemos a comezar a fin de semana cunha degustación gratuíta de tapas en base a carne de poldro de cabalo de Pura Raza Galega, que foi todo un éxito o ano pasado, nos bares de San Miguel.
O sábado celebrarase misa, actuación da sección infantil de O Arco da Vella, sesión vermú co grupo Escolma de meus, aberto de billarda e verbena coa orquestra Los Satélites. O domingo será o día grande con feira de artesanía e de gando, misa e sesión vermú co grupo folk Ardentía”.
Tamén destacan que “a festa será, coma sempre, en carpa cuberta e con laterais para que bailedes e non...
leer másSan Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, celebrará a cuarta edición da súa Festa do Caldo o día 25 de xaneiro, sábado. Será cunha cea a partir das 21:00 horas e despois, desde as 23:00 horas, actuará o dúo Estrellas, con entrada libre.
Levarase a cabo nos colexios vellos de San Miguel e os tickets para participar están á venda só en locais desta localidade ata o 20 de xaneiro. O aforo é limitado.
Este evento está organizado pola Comisión de Festas San Rosendo.
Este domingo, día 15 de decembro, Barreiros será o epicentro do deporte coa final do campionato provincial de campo a través para as categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete, anuncia o Concello de Barreiros.
Este evento deportivo terá lugar no campo de fútbol de As Valgas, en San Miguel de Reinante, e dará comezo ás 11:00 horas.
O venres 11 de outubro chega a San Miguel de Reinante "Cóntoche un traxe", da man de Montse Rivera. Será ás 17:30 horas nos colexios vellos, con entrada gratuíta.
É unha actividade organizada pola asociación O Arco da Vella, que anuncia: “mergúllate nesta viaxe no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos tátara-tátara-avós. A narración de Montse estará acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega e proxección de imaxes de traxes tradicionais e materiais cos que se fabrican as teas. E ao final do camiño, catro participantes acabarán vestidos como os nosos ancestros”.
O Iberia Club de Fútbol celebrará a terceira edición da Festa do Bolo Preñado o venres 9 de agosto a partir das 19.00 horas na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante (Barreiros). A velada estará amenizada pola música do grupo Pandeireteiros do Inferno e DJs.
A organización tamén anuncia que haberá “merchandising, sorteos e moitas sorpresas. E sobre todo con moitos bolos preñados de distintos sabores, con bebida e coa mellor das compañías para pasar unha súper velada e botar de paso unha man ao club do pobo”.
Chega, outro ano máis, o Festival folclórico internacional do Emigrante, en San Miguel de Reinante. O evento, organizado polo Concello de Barreiros e a Agrupación Folclórica O Arco da Vella, celebrarase o primeiro sábado de agosto, día 3, ás 21:30 horas.
Na súa cuadraxésima primeira edición contará coa participación de grupos de Arxentina e Kazajistán e coa agrupación O Arco da Vella.
A organización dá as grazas á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, á Xunta de Galicia, a Abanca, ao Iberia CF e ao CEIP San Miguel de Reinante por colaborar con este evento.
O Iberia Club de Fútbol homenaxeará ao futbolista Marcos, que se retira despois de xogar durante máis de 40 anos nese equipo. Será cun evento que se celebrará o día 30 de xuño, domingo, no Campo das Valgas, de San Miguel de Reinante, desde as 12:00 horas. Haberá partido de fútbol entre o Iberia FC e un combinado de ex xogadores do club e despois, ás 14:30 horas, xantar homenaxe.
“Temos o orgullo de anunciarvos o derradeiro evento da tempada. E este non podía ser outro que a merecida homenaxe ao noso gran capitán e a súa inigualable traxectoria. O título de One man one club quédase moi curto para o que representa Marcos Rodríguez Rañón para o noso club. Por iso non podíamos menos que, humildemente, tentar de facer unha despedida minimamente digna e á altura do que el leva dado no campo polo noso escudo. Así que agardámosvos a todos e todas...
leer másO Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta a obra teatral “O traballo de Andrea” nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante os días 27 e 31 de outubro e 1 de novembro.
“O traballo de Andrea” é unha obra orixinal de Ignasi García Barba, traducida e adaptada por Ramón Casas Oroza.
As representacións serán o venres 27 de outubro ás 22:00 horas, o martes 31 ás 20:30 e o mércores 1 de novembro ás 19:30 horas. O aforo é limitado e a entrada ten un prezo de 4 euros.
A presentación das festas foi onte e contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e representantes da comisión de festas de San Miguel de Galdo.
Verbenas, actos relixiosos, degustación de carne de porco á brasa… e a oportunidade de pasar un bo rato con familiares e amigos.
O sábado haberá servizo de autobús gratuíto para a verbena desde a estación de autobuses.