Teatro
A representación terá lugar ás 20:30 horas con entrada de balde
Sinopse: Pirgopolinices é o novo Miles Gloriosus, o rexente da cidade durante o próximos catro anos. Non todo o mundo está de acordo e ninguén ten moi claro como chegou ao posto.
Palestrión, membro infiltrado e Periplectómeno, líder da oposición, coa axuda de toda unha equipa, tentarán conseguir papeis confidenciais que axuden a condenar as actitudes de Pirgopolinices. A través dun buraco feito entre as paredes dos dous despachos, Filocomasia tentará que non a descubran mentres pasa dun lugar a outro coa información para conseguir o que buscan.
Baseada na trama de enredo de Plauto, teatro Faíscas, pretende traer a escena unha realidade cómica moi presente.
A compañía teatral Elefante Elegante presentará o seu espectáculo Kyoki, para público infantil e familiar, en Burela o día 26 de outubro, sábado. Será na Casa da Cultura ás 18:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
Está incluído na programación cultural do Concello de Burela, que explica que “Kyoki é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. Kyoki significa demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais… Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá o espectáculo Lago Comedy Club, do humorista Miguel Lago. O evento terá lugar o día 18 de outubro, venres, ás 21:00 horas, organizado por Etiqueta Negra Producciones.
Miguel Lago celebra con este espectáculo 25 anos sobre os escenarios como humorista, na que será a súa décimo sexta tempada consecutiva en teatros e auditorios.
As entradas están dispoñibles, cun prezo de a partir dos 17,80 euros, na plataforma Ataquilla.
Ribas de Sil, Mondoñedo, Burela e As Nogais son as vindeiras paradas do Circuíto de de Teatro Prefesional impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación que botou a andar o pasado mes de xuño e que este ano inclúe 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia.
Axenda: do 12 ao 15 de outubro
12 de outubro. 19.00 horas. Ribas de Sil. Salón de Actos do Concello.
Teatro do Miolo. Saíndo do cerco.
Comedia. Todos os públicos
Suso é o un novo residente do centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da vida, esta xa non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira de residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida.
Autoría e dirección:...
leer másDo 11 ao 13 de outubro terá lugar en Ribadeo a XXI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que foi presentada pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e pola viúva do autor ribadense, Mati González.
A edil ribadense indicou que “como cada ano lembramos ao autor ribadense Daniel Cortezón acollendo unha mostra do teatro afeccionado que se está a facer agora mesmo en Galicia. O Grupo de Teatro de Ribadeo é o anfitrión desta cita, que contará tamén coa participación de 57 Palabras, de Viveiro, e de Rebuldeira Teatro, de Sarria. As funcións serán no auditorio municipal ás 20.00 horas os días 11,12 e 13 de outubro (venres, sábado e domingo) e a entrada terá un prezo de 3 euros”.
Sanjurjo explicou que “o venres, o grupo 57 Palabras representa dúas pequenas obras: Orde e matrimonio e Entre nosoutras. 57...
leer másViveiro acollerá este sábado, día 12 de outubro, no Teatro Pastor Díaz, a representación da obra titulada 'Arte', de Hipócrita Teatro. Comezará ás 20:30 horas e terá unha duración total de 70 minutos. A entrada será de balde, non sendo necesaria reserva previa.
Jose Campanari dirixe esta obra de Yasmina Reza cos actores Carlos Rebolo, Teo García e Iván Redono.
Na obra “tres amigos fan saltar polos aires unha relación de quince anos e compórtanse como nacións en guerra, con alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero”.
A Casa da Cultura de Burela albergará un espectáculo de Trécola Producións titulado “Historia dunha gaivota”. Será ás 18:00 horas deste sábado, día 12 de outubro, con entrada de balde.
Dirixido a un público infantil e familiar, este espectáculo é “unha divertida reflexión sobre a cooperación e a amizade”, anuncia o Concello de Burela, que inclúe esta actividade no programa Ler Conta Moito, que ten como obxectivo promover a lectura.
O Concello de Viveiro celebra entre os días 14 e 20 de outubro a 6º edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional. A mostra dedícase este ano ao síndrome de down, “cun certame multidisciplinar para sensibilizar e facer divulgación a través das artes escénicas e as artes plásticas”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O Concello de Viveiro anuncia que haberá tamén un taller de percuterapia para os usuarios de Aspanane e para aquelas persoas con síndrome de down ou outro tipo de diversidade funcional e as súas familias que queiran participar.
“Superarte é xa un sinal de identidade do noso goberno local, un piar desde o que construír paso a paso un Viveiro máis inclusivo; o certame cumpre a súa sexta edición como un referente na visibilidade das...
leer másCarlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán están de volta cun novo espectáculo de Somos Criminais, o proxecto máis exitoso dos últimos tempos do teatro galego. Os dous humoristas regresan con esta nova entrega na que poñerán punto e final á súa particular busca do que nos fai ser criminais.
Dirixida por Tito Asorey e con textos de José Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, en Somos Criminais e punto final os dous cómicos están ao mando dunha misión espacial moi particular: Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano...
leer másO Concello de Barreiros anuncia: “viaxamos a Compostela para ver Terceiro Acto, unha produción do Centro Dramático Galego, o domingo 6 de outubro, desde a Praza do Concello. Hai 25 prazas e para anotarte chama ao 982.124.002 ou escribe a administracion@concellodebarreiros.gal. A admisión será por rigorosa orde de apuntamento. A actividade ten un custo de 5€ por persoa que se recadará no propio día da viaxe”.
A saída desde Barreiros será ás 14:45 horas e a función en Santiago empezará ás 18:00 horas.