Teatro
A Casa da Cultura de Burela albergará un espectáculo de Trécola Producións titulado “Historia dunha gaivota”. Será ás 18:00 horas deste sábado, día 12 de outubro, con entrada de balde.
Dirixido a un público infantil e familiar, este espectáculo é “unha divertida reflexión sobre a cooperación e a amizade”, anuncia o Concello de Burela, que inclúe esta actividade no programa Ler Conta Moito, que ten como obxectivo promover a lectura.
O Concello de Viveiro celebra entre os días 14 e 20 de outubro a 6º edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional. A mostra dedícase este ano ao síndrome de down, “cun certame multidisciplinar para sensibilizar e facer divulgación a través das artes escénicas e as artes plásticas”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O Concello de Viveiro anuncia que haberá tamén un taller de percuterapia para os usuarios de Aspanane e para aquelas persoas con síndrome de down ou outro tipo de diversidade funcional e as súas familias que queiran participar.
“Superarte é xa un sinal de identidade do noso goberno local, un piar desde o que construír paso a paso un Viveiro máis inclusivo; o certame cumpre a súa sexta edición como un referente na visibilidade das...
leer másCarlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán están de volta cun novo espectáculo de Somos Criminais, o proxecto máis exitoso dos últimos tempos do teatro galego. Os dous humoristas regresan con esta nova entrega na que poñerán punto e final á súa particular busca do que nos fai ser criminais.
Dirixida por Tito Asorey e con textos de José Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, en Somos Criminais e punto final os dous cómicos están ao mando dunha misión espacial moi particular: Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano...
leer másO Concello de Barreiros anuncia: “viaxamos a Compostela para ver Terceiro Acto, unha produción do Centro Dramático Galego, o domingo 6 de outubro, desde a Praza do Concello. Hai 25 prazas e para anotarte chama ao 982.124.002 ou escribe a administracion@concellodebarreiros.gal. A admisión será por rigorosa orde de apuntamento. A actividade ten un custo de 5€ por persoa que se recadará no propio día da viaxe”.
A saída desde Barreiros será ás 14:45 horas e a función en Santiago empezará ás 18:00 horas.
Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
“Cinco minutos sen respirar” retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex) empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado. A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.
“Cinco minutos sen respirar”, fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas, que non da tempo a resumilas en cinco minutos. A poesía é a única proba concreta da existencia do home.
Entradas á venda na billeteira do teatro unha hora antes da función.
O Concello de Alfoz anuncia que “o domingo 6 de outubro chega a Alfoz o autobús do teatro, sobes? É unha actividade dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que está a celebrar o seu 40° Aniversario. Este autobús sairá da Casa do Concello de Alfoz ás 14:15 horas e levaranos ata Santiago de Compostela para desfrutar da obra "Terceiro acto", unha produción do Centro Dramático Galego. Entón, sobes ao autobús do teatro?”.
A representación será ás 18:00 horas. A viaxe en autobús é gratuíta e o prezo da entrada ao teatro é de 5 euros.
As prazas limitadas e as inscricións pode facerse a través do teléfono 982.55.80.01 ou na Casa do Concello de Alfoz.
O venres 11 de outubro chega a San Miguel de Reinante "Cóntoche un traxe", da man de Montse Rivera. Será ás 17:30 horas nos colexios vellos, con entrada gratuíta.
É unha actividade organizada pola asociación O Arco da Vella, que anuncia: “mergúllate nesta viaxe no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos tátara-tátara-avós. A narración de Montse estará acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega e proxección de imaxes de traxes tradicionais e materiais cos que se fabrican as teas. E ao final do camiño, catro participantes acabarán vestidos como os nosos ancestros”.
A compañía Trémola Teatro representará a obra infantil titulada “Anuncio por palabras” este venres, 27 de setembro, na Casa da Cultura do Valadouro ás 19:00 horas.
É unha actividade de narración oral, dirixida a nenos e nenas de máis de 3 anos de idade, que está incluída dentro do programa Ler conta moito, para a dinamización das bibliotecas.
Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.
O Concello de Burela organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, diferentes actividades para promover a lectura nas próximas semanas. Todas elas serán de balde e aptas para un público infantil e familiar, e terán lugar os sábados na Casa da Cultura de Burela. A primeira delas será o espectáculo 'Radio BuleBule', de Paco Nogueiras, este sábado 28 de setembro ás 18:00 horas.
Contraproducións chega a Viveiro este sábado, 28 de setembro, con “Apaga o candil” da man de Cándido Pazó. Será ás 20:30 horas.
A venda de entradas: De luns a xoves, no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es ou na taquilla unha hora antes da función.
Sipnose:
O tempo da ficción dramática sitúase no intre do derradeiro alento d’O Xestal, finado á idade temperá de 59 anos. No lusco e fusco entre a vida a morte.
A peza toma como punto de inspiración estrutural e argumental os clásicos contos da visita da morte, unha tipoloxía de historias tradicionais universais que responden a un esquema máis ou menos semellante: un personaxe topa coa morte que lle vén anunciar que o seu final é...
leer más