Burela acolle, na Casa da Cultura, unha representación da obra teatral 'Boa Sorte Mala Fama", da compañía Tarabela Creativa.
Terá lugar o día 20 de setembro, venres, ás 21:00, con entrada a 4€. Está dirixida a un público adulto, a partir dos 13 anos de idade.
A obra conta con texto e dirección de Carmen Conde, que tamén actúa na mesma xunto a Nastasia Zürcher e Mariña Pena.
Trátase dunha traxicomedia en tres actos, na que tres mulleres representan o rostro menos institucional e máis incómodo da emigración galega, a través da narración oral, a música ao vivo e a interpretación actoral.
"Coincidindo co centenario das escolas vellas de Burela, esta representación é unha oportunidade perfecta para reflexionar sobre o papel das escolas de migrantes na transmisión da cultura e da lingua galega ás novas xeracións, tanto dentro como fóra de Galicia", sinala a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
"A obra pode ser vista como unha homenaxe a estas persoas que, a pesar das dificultades e da distancia, mantiveron un forte vínculo coa súa terra de orixe", engade a concelleira.