Teatro

Etiquetas:
01/10/2024

Será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. 

“Cinco minutos sen respirar” retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex) empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado. A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.

“Cinco minutos sen respirar”, fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas, que non da tempo a resumilas en cinco minutos. A poesía é a única proba concreta da existencia do home.

Entradas á venda na billeteira do teatro unha hora antes da función. 

 

Etiquetas:
29/09/2024

O Concello de Alfoz anuncia que “o domingo 6 de outubro chega a Alfoz o autobús do teatro, sobes? É unha actividade dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que está a celebrar o seu 40° Aniversario.  Este autobús sairá da Casa do Concello de Alfoz ás 14:15 horas  e levaranos ata Santiago de Compostela para desfrutar da obra "Terceiro acto", unha produción do Centro Dramático Galego. Entón, sobes ao autobús do teatro?”.

A representación será ás 18:00 horas. A viaxe en autobús é gratuíta e o prezo da entrada ao teatro é de 5 euros.

As prazas limitadas e as inscricións pode facerse a través do teléfono 982.55.80.01 ou na Casa do Concello de Alfoz.

29/09/2024

O venres 11 de outubro chega a San Miguel de Reinante "Cóntoche un traxe", da man de Montse Rivera. Será ás 17:30 horas nos colexios vellos, con entrada gratuíta.

É unha actividade organizada pola asociación O Arco da Vella, que anuncia: “mergúllate nesta viaxe no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos tátara-tátara-avós. A narración de Montse estará acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega e proxección de imaxes de traxes tradicionais e materiais cos que se fabrican as teas. E ao final do camiño, catro participantes acabarán vestidos como os nosos ancestros”.

 

25/09/2024

A compañía Trémola Teatro representará a obra infantil titulada “Anuncio por palabras” este venres, 27 de setembro, na Casa da Cultura do Valadouro ás 19:00 horas.

É unha actividade de narración oral, dirixida a nenos e nenas de máis de 3 anos de idade, que está incluída dentro do programa Ler conta moito, para a dinamización das bibliotecas.

Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.

25/09/2024

O Concello de Burela organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, diferentes actividades para promover a lectura nas próximas semanas. Todas elas serán de balde e aptas para un público infantil e familiar, e terán lugar os sábados na Casa da Cultura de Burela. A primeira delas será o espectáculo 'Radio BuleBule', de Paco Nogueiras, este sábado 28 de setembro ás 18:00 horas.

 

Etiquetas:
25/09/2024

Contraproducións chega a Viveiro este sábado, 28 de setembro, con “Apaga o candil” da man de Cándido Pazó. Será ás 20:30 horas. 

A venda de entradas: De luns a xoves, no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es ou na taquilla unha hora antes da función.

Sipnose:
O tempo da ficción dramática sitúase no intre do derradeiro alento d’O Xestal, finado á idade temperá de 59 anos. No lusco e fusco entre a vida a morte.

A peza toma como punto de inspiración estrutural e argumental os clásicos contos da visita da morte, unha tipoloxía de historias tradicionais universais que responden a un esquema máis ou menos semellante: un personaxe topa coa morte que lle vén anunciar que o seu final é...

leer más
24/09/2024

A asociación cultural O Pasatempo anuncia que “este sábado, 28 de setembro, ás 19 horas no Auditorio de Mondoñedo, as nosas amigas de Lîlâ Teatro presentan a obra titulada Rara Avis”. Con entrada de balde.

“Disfruta dunha xornada teatral antes de As Vésperas dos nosos amigos do BreaSon!!!”, engade O Pasatempo.

19/09/2024

O grupo de teatro Os Baluros, de Castro de Rei, actuará na Pontenova este sábado, día 21 de setembro.

Representará a obra titulada “Vaise pechar outra casa máis” ás 20:30 horas na Casa da Cultura.

Etiquetas:
15/09/2024

A Casa da Cultura de Alfoz acollerá a representación da obra A Presa do Grupo Humorístico Trípode, o 28 de setembro ás 21:00 horas. 

Trátase dunha historia baseada en feitos reais e conta a loita da veciñanza de Fontefría contra o proxecto dun encoro que asolagará a súa aldea.

Organizan este evento: Concello de Alfoz e Deputación de Lugo. 

 

Etiquetas:
13/09/2024

Burela acolle, na Casa da Cultura, unha representación da obra teatral 'Boa Sorte Mala Fama", da compañía Tarabela Creativa.

Terá lugar o día 20 de setembro, venres, ás 21:00, con entrada a 4€. Está dirixida a un público adulto, a partir dos 13 anos de idade.

A obra conta con texto e dirección de Carmen Conde, que tamén actúa na mesma xunto a Nastasia Zürcher e Mariña Pena.

Trátase dunha traxicomedia en tres actos, na que tres mulleres representan o rostro menos institucional e máis incómodo da emigración galega, a través da narración oral, a música ao vivo e a interpretación actoral.

"Coincidindo co centenario das escolas vellas de Burela, esta representación é unha oportunidade perfecta para reflexionar sobre o papel das escolas de migrantes na transmisión da...

leer más