Triatlón
O I Half Triatlón Ribadeo, que se celebrará este sábado 15 de maio, reunirá a 470 participantes. A proba ocasionará cortes de tráfico nas estradas LU-P-5207, LU 133 e LU-P-6103 polo que desde o Concello piden desculpas polas molestias que se poidan ocasionar. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, sinala que haberá desvíos sinalizados.
O edil anunciou que “hai 470 participantes, para as dúas modalidades desta proba. Nunha das especialidades hai 330 e na outra hai 140, que é a máis longa”.
Jorge Díaz subliñou que “vai haber varios cortes de estradas, sobre todo na LU-P-5207, que vai desde o colexio público ata o cruce de Vilela, onde hai un cruce coa LU-133, que é a que vai de Reme a Vilamar e chegará tamén o corte á LU-P-6103, que é onde está Vilamartín Grande e que limita con Trabada. Toda esa franxa estaría...
leer másO Concello ultima os preparativos do I Half Triatlón Ribadeo que se celebrará o vindeiro 15 de maio. O edil de Deportes, Jorge Díaz, salienta a importancia desta proba nacional e o impacto económico que pode ter dado o alto nivel de participación.
O concelleiro ribadense lembrou que “o vindeiro 15 de maio se fará, por primeira vez, un triatlón de carácter nacional, a través tanto da Federación Galega como da Federación Nacional. O Concello colabora intensamente coa organización. É un percorrido moi transversal no senso de que toca o ámbito tanto urbano como practicamente todas as parroquias polas que pasa ou ten influencia, incluso ten bastante influencia noutros concellos como Barreiros e Trabada”.
O edil de Deportes explicou que “a proba sae dos Bloques, ese entorno tan característico da ría de Ribadeo, aí faise...
leer másA organización do I Half Triatlón Ribadeo precida da colaboración de 150 voluntarios para o desenvolvemento da proba o vindeiro 15 de maio.
Desde a Área de Deportes do Concello solicitan “a colaboración de todas as entidades deportivas, clubs e asociacións ou voluntariado en xeral...posto que serán necesarios 150 voluntarios para os diversos cruces de carreira, e ao ser tan longa tentaremos incluso facer varias quendas para que non teñan que estar os voluntarios tanto tempo”.
E engaden que “precisamos que os voluntarios estean ás nove da mañá no punto do percorrido que se lles indicará previamente. Algúns poderán estar un pouco máis tarde. E rematarían entre as dúas do mediodía e as cinco da tarde”.
As persoas que estean dispostas a colaborar como voluntarios poden anotarse na Área de...
leer másO Concello ribadense colabora na organización do I Half Triatlón Ribadeo que se celebrará o día 15 de maio. A proba é puntuable para o Ranking Nacional de Triatlón de Media e Larga Distancia e contará coa participación de máis de 500 atletas. A saída terá lugar ás nove da mañá da praia dos Bloques. As inscricións pódense realizar en www.halftriatlonribadeo.com.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, subliñou que “por primeira vez se vai facer un triatlón aquí organizado pola Federación Española e a Federación Galega. Estamos contentos porque é unha iniciativa que levamos varios anos traballando nela, entre a organización máis o Concello. Supón nestes momentos, tan diferentes e extraordinarios, un traballo enorme. Será o 15 de maio, que é unha data que esperemos que todos poidamos estar...
leer más