Exposiciones
18/11/2015
A sala de exposicións do Centro Cívico de Xove acolle a mostra ‘A Paz Cuestión de Fondo’, organizada polo Concello en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A exhibición abriuse o día 5 de novembro e permanecerá na vila ata o 1 de decembro, con entrada de balde. A Exposición está aberta diariamente en horario de 10:00a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. A entrada á mesma realízase pola porta principal do Salón de Actos.
A exposición, integrada por viñetas elaboradas por 28 autores de 16 países diferentes, convida a reflexionar sobre a pobreza como unha forma de inxustiza social que xera exclusión, racismo e violencia. Do mesmo xeito, a falta de oportunidades impídelle á sociedade medrar en condicións de...
leer más 11/11/2015
A obra pictórica de Juan F. Álvarez Cachón, artista multidisciplinar madrileño, poderá verse na Sala de Exposicións do parque San Francisco entre o 13 e o 22 de novembro. Trátase da mostra Irrealismo alegórico, un suxerente conxunto de 14 cadros.
Juan F. Álvarez Cachón busca entre a realidade que o rodea aspectos cotiáns que el recolle con detallismo. Aínda que traballa diferentes disciplinas artísticas, son a pintura e a ilustración as que con máis frecuencia aparecen na súa obra.
04/11/2015
O Complexo Cultural Regal-Xunqueira inaugura o xoves, 5 de novembro, a exposición de Gándara-Golpe Gravados. O acto de apertura terá lugar ás 20 horas na sala de exposicións do complexo e a mostra poderase visitar ata finais de mes.
O autor da exposición é o artista de Betanzos que asina como Gándara-Golpe, que comeza a interesarse polo gravado na súa localidade natal a finais dos 80. Estuda o Máster de Obra Gráfica na Fundación Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) e trae a Viveiro un “revoltixo de obras producidas entre o obradoiro do CIEC e o de Alfara Studio na Encina de S. Silvestre, en Salamanca”. Punta seca, augaforte, augatinta, chiné collée, maneira negra, litografía, xilografía e serigrafía son algunhas...
leer más 03/11/2015
A pintora mariñá Yesenia Cao (Cervo, 1992) expón na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela 30 obras da súa autoría ata o 27 de novembro. A mostra reúne os óleos e debuxos de Yesenia Cao, técnico superior de ilustración na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña.
A mostra estará aberta ata o 27 de novembro e poderá visitarse de luns a venres en horario de 9 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes. Organiza a Concellería de Cultura de Burela.
06/10/2015
A sala de arte da Casa da Cultura acollerá varias exposición ata finais de ano. Ata 30 de outubro pódese ver unha mostra de fotografía do Club Imaxe de Burela. O horario de visita é de 9 a 13 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes. Trátase dunha mostra de fotos realizadas polos seus socios. É a 23ª edición, que nesta ocasión está composta de corenta imaxes de Burela e da Mariña.
Do 3 ao 27 de novembro haberá unha exposición de pintura de Yesenia Cao López. E do 1 ao 15 de decembro poderase ver outra mostra de pintura de José Luis Neira Brochs. E do 23 de decembro ao 22 de xaneiro estarán expostas as postais que participen no certame Nadal 2015, segundo informa a Concellería de Cultura, que dirixe José Díaz.
04/10/2015
O centro de saúde de Burela e o CEIP Virxe do Carme acollen unha exposición sobre os dereitos dos nenos e nenas. É unha iniciativa da Concellería de Inmigración e Cooperación en colaboración coa ong Educo.
A concelleira Angélica Gómez Sánchez anunciou hoxe que “o Programa de Atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela e en colaboración coa ong Educo, de cooperación e educación para a infancia, queremos divulgar e sensibilizar á poboación sobre a realidade social do mundo que nos rodea. Grazas á axuda das diferentes ongs podemos dar a coñecer distintas visións sobre o desenvolvemento socioeconómico e a grande diversidade de situacións que se dan no mundo actual”.
Ángélica Gómez engadiu que...
leer más 02/10/2015
O vindeiro luns, 5 de outubro, ás 20 horas terá lugar a inauguración da exposición A Maruxaina e outras sereas, do libro do mesmo nome e composta por esculturas de Otero Regal e textos de Pablo Mosquera e Paco Rivas.
O evento, que se celebrará na sala de exposicións do Cenima, contará coa presenza do alcalde, Javier Castiñeira, e do presidente da asociación Os Aventados.
A Maruxaina e outras sereas poderase ver no Cenima ata o 31 de outubro. Durante todo este mes haberá diversas actividades complementarias arredor desta exposición. O día 16 pola mañá desenvolverase un relatorio para escolares sobre a Relación entre saúde e elementos utilizados na fabricación de recipientes de cerámica, a cargo de Otero Regal. O 23 proxectarase o...
leer más 18/09/2015
A Casa de Cultura de San Ciprián acolle ata o día 30 deste mes unha exposición de fotografías sobre India feitas por un mozo dese país: Totan KUndu, de 26 anos de idade e orixinario de Bengala. Á inauguración da mostra, titulada La India desde dentro, asistiron as concelleiras de Cultura, Dolores García Caramés; de Servizos Sociais, Pilar Armada Carrete; e de Medio Ambiente, Manuela Méndez Álvarez. A exposición pode visitarse de luns a venres de 8 a 15 horas e de 17 a 20 horas.
A concelleira de Cultura explicou que esta exposición fotográfica “leva ao visitante de viaxe á India, está ambientada con música dese país e as fotografías mostran, aparte da historia que poida ter cada unha, a visión desa cultura dende o ollo fotográfico do artista Totan, a quen agradecemos que...
leer más 03/09/2015
O próximo domingo, 6 de setembro, pecha as súas portas esta tempada o Eido Dourado, o espazo que o artista barreirense Celso Dourado xestiona fronte á praia da Pasada. Logo das visitas realizadas á exposición plástica e a asistencia de público aos Concertos ao Solpor programados durante os domingos do verán, Celso Dourado fai un balance moi positivo da tempada, tanto polo número crecente de persoas que se achegan a coñecer o proxecto como pola calidade das propostas.
O Eido Dourado recibiu durante os verán a visita dunhas 2.000 persoas, cifra semellante á do ano 2014: “foi un verán realmente excepcional, moveuse unha cantidade de xente moi importante. As visitas seguen a tónica dos últimos anos, cando máis hai é cando fai mal tempo. Neste verán por sorte tivemos moi bo...
leer más 31/08/2015
A Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o día 15 de setembro unha exposición de fotografías sobre o medio ambiente no municipio realizadas por diversos autores.
A concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez Álvarez, explicou que esta mostra é unha das actividades incluídas no programa Bandeira Azul. O horario de apertura ao público é de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.