Artesanía

Etiquetas:
02/08/2024

O Concello de Viveiro acolleu a presentación da 40ª Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 9 e 18 de agosto.

A feira, organizada polo Concello de Viveiro e a asociación PROA, celebra o seu 40 aniversario, consolidándose como unha das máis antigas de Galicia.

Haberá decenas de postos, coa presenza de numerosos profesionais da artesanía e nos que haberá obradoiros e demostracións do oficio.

Con motivo dos catro decenios de actividade da feira o acto de inauguración contará coa colaboración de Carlos Nuevo, Cronista Oficial de Viveiro, e da asociación folclórica Bágoas da Terra.

Haberá tamén unha exposición sobre a feira realizada con motivo do aniversario na sala traseira do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, co obxectivo de poñer en valor a historia do evento.

Etiquetas:
25/07/2024

A feira de artesanía Os Muíños celebrarase no barrio do mesmo nome en Mondoñedo este sábado, día 27 de xullo, de 11 a 21 horas.

Ás 11 horas farase a apertura dos 33 postos de artesanía e gastronomía que haberá na feira. E ás 12:30 horas terá lugar o pregón a cargo de Paula Cabaleiro, que é xestora cultural e comisaria de arte e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.

A feira está organizada pola Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños de Mondoñedo.

Etiquetas:
25/04/2024

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir o sábado 4 de maio á VIII Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación, que terán lugar na Praza do Souto desde as 11:00 horas.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, representantes da Deputación, e por membros da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento no que colabora, como cada edición, o Concello de Cervo.

O día está repleto de actividades diversas pensadas para desfrutar con amigos e familia. Ás 11:30 horas, está previsto un obradoiro de construción de xoguetes musicais da man de Pablo Pintor, que se desenvolverá nas Escolas Vellas de Cervo. Ás 12:00 horas, no salón de actos do Concello, terá lugar a presentación do traballo de investigación a Gaita na Terra de Melide...

leer más
Etiquetas:
18/04/2024

A décimo quinta edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto celebrarase este domingo, 21 de abril.

As actividades empezarán ás 11:00 horas coa apertura da feira, na que haberá artesanía dos ferreiros de Riotorto, exposición de artesáns e produtos do campo.

A partir das 11:15 horas haberá demostración de oficios artesáns e ás 12:00 horas actuará o Coro de Riotorto. A inauguración oficial está programada para as 12:15 horas e ás 12:45 horas terá lugar un obradoiro do ferro infantil. Para os máis pequenos haberá tamén un espectáculo de maxia ás 19:00 horas no atrio da igrexa.

A animación musical da xornada correrá a cargo dos gaiteiros de Riotorto e a charanga NBA.

O recinto feiral estará cuberto con carpa.

 

 

Etiquetas:
02/08/2023

O Concello de Viveiro acolleu a presentación da 39ª Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 11 e 20 de agosto.

A feira, organizada polo Concello de Viveiro e a asociación PROA, terá este ano máis de 35 stands e a presenza de numerosos profesionais da artesanía. O deseño do cartel é de Ruth Adrio. 

Como o ano pasado, este ano haberá stands efímeros, no que algúns días haberá artesáns e outros obradoiros ou demostracións do oficio.

Dentro dos efímeros, Lía B estará os días 11 e 12 de agosto; Bilbiricoca, o día 13; Como pez en el agua, os días 14 e 15; Qué barbaridad!, os días 16 e 17; Soledad Mato, o venres 18, e Mado Artesanía Textil, os días 19 e 20.

“Unha referencia no sector, unha feira que destaca pola calidade e a...

leer más
Etiquetas:
15/07/2023

Desde o 14 de xullo e ata o 31 de outubro poderase de visitar a exposición “Esculpir o vento: Paisaxes” que forma parte da obra artística de Otero Regal en Viveiro.

A mostra estará no Complexo Cultural Regal Xunquiera. O horario será de 10 a 14 e de 16 a 20 horas de luns a venres  e de 10.30 a 13.30 os sábados.

Dende a década de finais dos 60 ven de formarse primeiro nas técnicas de debuxo e pintura e máis tarde na cerámica, profesión na que leva exercendo nos derradeiros trinta anos.

A cerámica e o mundo de Regal, a pesares de que toca outros anacos do arte como o gravado, a literatura, a ilustración e o debuxo, a súa labor desenvólvese en dous ámbitos; por unha banda produce unha cerámica de mercado caracterizada polo seu eido diferencial, e por outra, e de forma paralela, unha...

leer más
Etiquetas:
03/05/2023

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir este próximo sábado, 6 de maio, á VII Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación que terá lugar na Praza do Souto, desde as 10:00 horas, cando dará comezo un obradoiro de construción de pandeiretas con Sanín.

A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto con representantes da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento, no que colabora o Concello de Cervo.

Ás 12:00 horas abrirá ao público a Feira de Artesanía e Alimentación e desde esa hora tamén se sucederán diferentes actuación de grupos de música e baile tradicional da contorna; será un pasabares a cargo de A Rebolaxe (San Ciprián), Amado Lar (Valadouro), Arume (Burela) e as Cantareiras...

leer más
Etiquetas:
28/03/2023

O complexo cultural RegalXunqueira, de Viveiro, retrasa a celebración dos Días Europeos da Artesania e trasládaa as datas do 4 o 9 de abril. Organiza visitas guiadas ao complexo, que correrán a cargo do artista Otero Regal e  en cada visita realizará unha demostración de decoración da cerámica que alí se fai.

Os horarios das visitas aos museos, exposicións e obradoiros son: martes 4 e mércores 5 ás cinco da tarde; xoves 6, venres 7 e sábado 8, ás once da mañá e ás cinco da tarde; e domingo 9 ás once da mañá.

Otero Regal explica que “as visitas terán unha duración de 2 horas como mínimo e o prezo é de 3 euros, cantidade que se pode descontar nunha 
compra na tenda de Regal Cerámicas de Xunqueira”.

Para participar nesta actividade hai que reservar previamente no teléfono 664.54.31.03...

29/11/2022

Na Pontenova celébrase do 3 ao 6 de decembro a XV Feira de Artesanía e Antigüidades.

O horario de apertura ao público será de 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas. 

Haberá obradoiros de: 
Forxa de ferro – José María Rodil Arruñada
Cestería de mimbre – Luisa Martínez Vázquez
Lámpadas de cabaza – Blas Piñar Martínez
Xoias –  Soledad Martínez
Coiro – José Bértolo Pichel
Torno de madeira – Suso Tierra
Fiado de fibras naturais – Lumecú (Mercedes Veites)

Tamén se desenvolverá a VI Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos. O sábado, vespas e motos. E o domingo, coches clásicos.

Etiquetas:
06/08/2022

O Concello de Viveiro acolleu a presentación da XXXVIII Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 12 e 21 de agosto.

Despois de dous anos de limitacións pola pandemia, a feira terá este ano 32 stands e a presenza de numerosos profesionais deste eido. 

Como novidade, este ano ademais haberá un stand efémero, no que algúns días haberá artesanos e outros obradoiros ou demostracións do oficio.

“Unha referencia no sector, unha feira que destaca pola calidade e a variedade da artesanía, polo que estou convencida de que será un éxito”, afirmou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.