Exposiciones
13/06/2016
A OMIC de Ribadeo acolle desde hoxe luns, 13 de xuño, e ata o vindeiro 29 deste mes, unha mostra fotográfica de Ramón de Pérez García titulada Paseando por las emociones luminosas.
Esta exposición está inspirada nas primeiras emocións que nacían dentro do autor ao camiñar baixo a luz da lúa. Ramón de Pérez García cree que o brillo do astro lunar é capaz de crear sensacións tan íntimas.
O autor desta mostra comparte tamén as emocións que a lúa inspira na poeta Julia Rodríguez, a través de fermosas composicións cheas de sensacións. A exposición tamén inclúe unha pequena mostra do que suxiren as emocións luxuriosas que formará parte do próximo traballo...
leer más 07/06/2016
Os Aventados e a asociación cultural Amigos de Regalxunqueira inauguran a exposición da Primeira Bienal de Artes plásticas O Vento en Burela este mércores, 8 de xuño.
A inauguración desta mostra colectiva terá lugar ás 20:30 h na Casa da Cultura de Burela onde permanecerá ata o 30 de xuño.
Nesta exposición poden verse obras de María Jesús Lage López, Pablo Livio, Celso Dourado, Neira Broch, Xoán Guerreiro, Hipólito Xeada, Antonio Roque Fanego, Mary Boix, Francisco Santos, Otero Regal, Xavier Magalhaes, Juan Queralt, Daniel Caxiguiero, Fabián Reino, David Catá, Juanel Ponte, Juan Puchades e Mateo Guerreiro.
24/05/2016
Desde a organización explican que “en continuidade coa colaboración que vimos mantendo con diferentes entidades sociais sen ánimo lucrativo, o local da mercería O ArMarinho da Fátima acolleu a inauguración dunha exposición de obxectos artísticos realizados con materiais de reciclaxe por Álex Landim Correia”.
Nacido na localidade da Calheta de São Miguel, na illa caboverdiana de Santiago, Álex Ladim Correia (31-08-1997) chegou a Burela no mes de setembro de 2014 e matriculouse no terceiro curso de ESO no IES Perdouro, desde onde iniciou un proceso de integración exemplar. Neste momento, ademais de traballar na súa propia obra de manualidades, combina os estudos do último curso de ESO coa dedicación á música, dentro da Banda Dambara...
leer más 24/05/2016
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira participa xunto a outras asociacións e institucións na Volta pola Irmandade. A exposición itinerante sobre o centenario da creación das Irmandades da Fala estará en Viveiro o domingo 29 de maio.
A iniciativa de ORA Galega desexa conmemorar ese centenario con esta exposición en homenaxe ao conxunto de homes e mulleres que hai cen anos traballaron para incrementar a nosa autoestima para defender a lingua, a cultura e a identidade galegas, para conseguir a igualdade de dereitos para a muller e para atinxir a soberanía estética, cultural e política de Galicia.
No ano 1916 na Coruña creouse unha asociación cuxo...
leer más 24/05/2016
La antigua oficina de turismo acoge la exposición Los indianos se visten de cine, que organizan un grupo de empresas de Ribadeo y de Madrid y la asociación Las Taradas. En la misma se pueden ver trajes que se emplearon en el rodaje de diversas secuencias de las películas Belle Époque (1992), Bella Otero (2008), Memorias del agua (2012) y Doctor Zhivago (1965). La muestra estará abierta hasta el 29 de mayo, por las tardes de martes a viernes, y el sábado y el domingo por la mañana y por la tarde.
Nuria Yribarren explicó que “se trata de una iniciativa nueva, que surgió en la Fiesta Indiana del año pasado de un grupo de amigas y de amigos, que lo que pretendemos es divertirnos, pasarlo bien y hacer a Ribadeo partícipe de este...
leer más 03/05/2016
Hoxe foi inaugurada na Casa da Cultura, de San Ciprián, unha exposición de pintura con obras da artista local Yesenia Cao. Esta mostra, incluída na programación cultural do Concello de Cervo, estará aberta ao público ata o día 27 deste mes. No acto de apertura participou a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés.
Yesenia Cao naceu en Viveiro no ano 1992, pero dende moi nova reside na localidade cervense de Rueta. Estudou Primaria no CEIP de Cervo, ESO no IES Marqués de Sargadelos e Bacharelato no IES Monte Castelo, de Burela, na modalidade de Artes. Posteriormente cursou Ilustración na Escola de Arte Pablo Picasso, da Coruña, onde obtivo o título de técnico superior en Ilustración. Ultimamente estivo traballando na Casa do...
leer más 29/04/2016
Este sábado, día 30, inaugurase unha nova exposición na sala OMIC de Ribadeo. A mostra presenta unha serie de cadros de catorce artistas lugueses: José Manuel Castedo, Antonio Cruz, Mª del Carmen Fernández, Marcos González, Chus Expósito, Esperanza Castro, Luisa Meilán, Carmen Menéndez, Iria Muíña, Adelaida Egurbide, Encarna Opazo, Raquel Magán, Anxo Barreiro e Engracia Ozores.
Esta mostra pictórica colectiva estará aberta ao público no horario habitual da sala e poderase visitar ata o 15 de maio. A inauguración este sábado terá lugar ás 17:00 horas.
28/04/2016
A Casa da Cultura acollerá do 2 ao 31 de maio a exposición fotográfica de Luis Cristian Carabalí, que organiza a Concellería de Inmigración e Cooperación.
Esta VIII Exposición de Fotografía Artística Memorias dun Fotógrafo amosa a obra de Luís Cristian Carabalí Ferigra e será inaugurada o venres, 6 de maio, ás 19:30 horas pola edil socialista Angélica Gómez Sánchez.
A mostra xa poderá visitarse na Sala de Arte da Casa da Cultura dende o luns, día 2, e permanecerá ata o 31 de maio. O horario de luns a venres será de 9:00 a 13:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:00 horas polas tardes.
28/04/2016
A Casa da Cultura acollerá do 2 ao 31 de maio a exposición fotográfica de Luis Cristian Carabalí, que organiza a Concellería de Inmigración e Cooperación.
Esta VIII Exposición de Fotografía Artística Memorias dun Fotógrafo amosa a obra de Luís Cristian Carabalí Ferigra e será inaugurada o venres, 6 de maio, ás 19:30 horas pola edil socialista Angélica Gómez Sánchez.
A mostra xa poderá visitarse na Sala de Arte da Casa da Cultura dende o luns, día 2, e permanecerá ata o 31 de maio. O horario de luns a venres será de 9:00 a 13:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:00 horas polas tardes.
27/04/2016
Ata o 15 de maio focenses e visitantes poden observar e gozar coa exposición Arte nos escaparates, actividade que se enmarca na programación da Semana da Arte na Mariña. Obras de varios autores son expostas durante un mes nos escaparates de varios establecementos comerciais.
En Ginzo Hombre os cadros expostos son de Pepe Blanco: “o que fixemos foi aportar e integrar o colorido da roupa de primavera coa obra deste autor. Así podemos observar e deleitarnos coa fusión de arte e moda”, explica José Ginzo.
En Ginzo Muller atópase parte da obra de Cristina Basanta.
José...
leer más