Castelo
A parroquia cervense de Castelo celebrará as festas na honra da Nosa Señora do Rosario o 5 e o 6 de outubro.
O Concello de Cervo anuncia que “a cita comezará o sábado 5 ás 13:00 horas coa misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra Estelamar, que repetirá na verbena a partir das 22:00 horas, co Grupo Puzzle. Xa o domingo 6 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación terá lugar a procesión e ao remate haberá sesión vermú a cargo do Dúo Belinda”.
A festa está organizada pola Asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Castelo.
Mañá, 28 de abril, abrirá ao público o Castelo de Castrodouro e a Oficina de Información Turística de Alfoz. Os horarios serán: venres, sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes. O día 1 de maio, así coma o 17 Día das Letras Galegas permanecerá aberto nos horarios sinalados.
Poderase visitar o Castelo e desfrutar das impoñentes vistas desde o alto da torre, tamén ver as distintas exposicións: Antigas Escolas, Pinturas de Hipólito Xeada ou fotografías de Alfoz en primavera.
Tamén dispón de audioguías ficcionadas para realizar o percorrido polo Castelo da man do grupo de teatro Chévere e coñecer a historia e Lenda do Mariscal Pardo de Cela.
Hasta el 22 de diciembre se puede visitar en el Castelo de Castro de Ouro una muestra del IEGPS. Se denomina “Os nosos castelos: Castro de Ouro e o mariscal Pardo de Cela”. Está promovida por el IEGPS con la colaboración del Concello de Alfoz, está comisariada por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, profesor “ad honorem” del CSIC, y cuenta con el patrocinio de la Axencia Galega de Turismo.
Consta de 14 paneles interactivos sobre el castillo, el mariscal Pardo de Cela y su linaje, sus propiedades y su impacto cultural.
Estará abierta al público hasta el 22 de diciembre. El horario de visitas, gratuitas, será los viernes, sábados y domingos, de 11:30 horas a 19:00 horas.
Desde hoxe, 2 de setembro, o Castelo de Castrodouro de Alfoz, onde se ubica a Oficina de Información Turística, abrirá venres, sábados e domingos en horario de mañá de 11:00h a 14:00h e de tarde de 17:00h a 20:00h ata o día 2 de outubro.
No interior do Castelo, símbolo do Concello de Alfoz, pódese disfrutar de varias exposicións: Antigas Escolas, Pintura de Hipólito Xeada e II Concurso de Fotografía "Alfoz en primavera" e sen dúbida, das magníficas vistas desde a súa azotea desde a que se abarca todo o val.
O entorno do Castelo de Castrodouro, xunto á Igrexa de San Salvador do Castro conta cunha área recreativa ideal para disfrutar coa familia e amigos. É, sen dúbida, unha visita máis que recomendable.
O castelo de Castro de Ouro, o emblema do Concello de Alfoz, está aberto de martes a domingo en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:00 horas polas tardes.
A entrada é de balde tanto para visitar as diferentes exposicións coma para ver o val dende a perspectiva que nos ofrece o alto da fortaleza. Ademais, a Oficina de Información Turística encontrase situada neste castelo, polo que o persoal pode informar sobre os distintos recursos de Alfoz e da comarca da Mariña. Contan tamén con audioguías, sen custo, para facer máis amena e interesante a visita e coñecer a historia do Mariscal Pardo de Cela.
Para calquera consulta, chamar ao teléfono 982 558 578.
A partir do día 30 de outubro, a Oficina de Información Turística de Alfoz reabre as súas portas ao público no habitual horario de inverno: sábados, domingos e festivos de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.
Poderase visitar o Castelo de Castro de Ouro no que se atopan distintas exposicións: Antigas Escolas (planta baixa), Pintura de Hipólito Xeada (1º planta) e Fotografías de Alfoz (2º planta) ademais de disfrutar das magníficas vistas desde o alto da torre.
Este xoves, 16 de setembro, no Castelo de Castro de Ouro, poderase visitar a exposición Kinético de Xirapaus, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Está organizada en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Kinético é unha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que, a partir de mecanismos, crean sons e ritmos, historias e contos, que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal. Son bonecos que se moven e andan sos, un teatrillo de monicreque automatizado homenaxe do tradicional monicreque de cachiporra, efectos especiais recorrentes no teatro. A idea desta mostra é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan. En horario de mañá acudirá o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz.
Xirapaus é un proxecto de...
leer másEste sábado, día 27 de febreiro, reabre as súas portas o Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz.
O horario de visitas é os sábados, domingos e festivos de 12:00 a 19:00 horas.
A entrada é libre á exposición fotográfica e de pintura, antiga escola unitaria e miradoiro.
O acceso ás instalacións farase con control de aforo e mantendo as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas contra a pandemia do covid19.
A obra teatral ‘O palco e as lúas’ do autor e director Manuel Lourenzo será representada na quinta edición do Teatro no Castelo, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de agosto ás 21.00 horas nas inmediacios do Castelo do Castrodouro en Alfoz.
O Clube Teatral Elsinor será o encargado da representación na que actuarán Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Margot R. Alvarade, Carme Martinez, Xosé Martínez, Xulia Miguel e Xabier Esteller.
SOBRE O DIRECTOR
Manuel Lourenzo, nado en Ferreira do Valadouro, é actor, dramaturgo, director teatral, tradutor e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio. Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, xunto con Francisco Pillado, o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación...
leer másO vindeiro domingo, 15 de xullo, as 12 horas no Castelo do Castrodouro, terá lugar un concerto de saxofón a cargo do director artístico e musical Juan Clemente Novo, profesor de saxofón do Conservatorio Profesional de Música Rodolfo Halffter de Móstoles (Madrid) e Profesor de saxofón do Conservatorio Superior de Música de Castilla y León.
O concerto consistirá en obras de saxofón e piano, cuarteto de saxofóns e sexteto de saxofóns interpretadas por alumnos de Ensinanzas Profesionais e Ensinanzas Superiores, un profesor de piano acompañante e a colaboración dunha actriz-narradora que acompañará con pequenos relatos pedagóxicos, sobre a orixe, historia e repertorio do saxofón as obras.
Con este concerto preténdese achegar ao público a través da palabra, a imaxe, a emoción e, sobre todo, a música, ás distintas...
leer más