Fotos
O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o IX Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” baixo o lema “Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta”, que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2025 coas mellores fotografías de recunchos da localidade. O prazo de presentación de orixinais rematará o día 30 de novembro.
“As fotos presentaranse en soporte dixital no seguinte enderezo de correo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com. Deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2024”. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto. Unha foto por participante. Dende o Concello queremos lembrar que debes enviar as fotos en formato jpg, tif ou bmp e cunha calidade de máis...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Medio Ambiente, convoca o X Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. O obxectivo deste concurso é potenciar a participación cidadá na protección da paisaxe e o medio ambiente. Haberá unha única categoría, cos seguinte premios: primeiro, 120 euros; segundo, 100 euros; terceiro, 90 euros; cuarto, 75 euros; e quinto, 65 euros.
A temática do concurso é “Xove, a súa costa e o seu mar”. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes. En ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas das participantes. Cada participante asinará unha declaración responsable de ser a/o autor/a das fotografías que presenta. No caso de que o/a participante sexa menor de idade a declaración responsable será asinada polo seu nai/pai ou titor/a legal...
leer másO martes 18 de xuño ás 16:00 horas abrirá as portas a exposición fotográfica “Namor-Arte”, produto final do proxecto anual de BiblioCervo, iniciativa do colexio de Cervo.
A mostra poderá visitarse tamén o mércores, xoves e venres (días 19, 20 e 21 de xuño) de 16:00 a 18:00 horas.
O Concello de Xove comunica as gañadoras e gañador do concurso medio ambiental “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”. A entrega de obsequios a tod@s os participantes e de trofeos aos gañadores realizarase o mércores 12 de xuño ás 20:00 horas no salón de plenos municipal.
Na categoría infantil a foto con máis me gusta foi a titulada “Mateo coidando a súa horta”, de Mateo Costa Rodríguez. Na categoría xuvenil a foto con máis me gusta foi “Cascada do muíño Regosanguento”, de Carla Casabella Puñal. E na categoría adultos a foto con máis me gusta foi “Toxos, mar y nubes, pero al final sale el sol siempre”, de Begoña Amor Ruiz.
O Concello de Viveiro conmemora o Día do Libro, que se celebra cada ano o día 23 de abril, convidando de novo á veciñanza a participar no Concurso de Fotografía “Onde les ti?”.
A iniciativa, impulsada pola Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Viveiro, conta un ano máis coa colaboración do Centro comercial Casco Histórico de Viveiro. “Este concurso serve para visibilizar os diferentes hábitos para ler que temos as persoas lectoras, e, polo tanto, serve para promover a lectura entre a xente de todas as idades”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O concurso ten por obxecto imaxes nas que apareza o recuncho preferido de cada participante para ler e nas que o libro ou o acto de ler sexan os protagonista. Poderán ir acompañadas dunha breve descrición se a persoa...
leer másO Concello de Cervo anuncia que do 6 de abril ao 3 de maio “teremos a oportunidade de desfrutar dunha impresionante mostra fotográfica de Sindo Novoa baixo o título "Un día na Rapa das Bestas (Do monte ó curro)", que nos permitirá coñecer de preto como se vive esta festa en Sabucedo, a través da óptica deste fotógrafo”.
A inauguración da mostra será o sábado, 6 de abril, ás 12:30 horas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián.
El edificio del CENIMA, en Foz, acogerá una exposición de fotografías sobre surf de José Ángel Niño desde el día 2 hasta el 31 de marzo.
La muestra será inaugurada este sábado, día 2, a las 12:00 horas y podrá visitarse de lunes a jueves de 09:30 horas a 14:00 horas; los viernes de 09:30 a 14:00 y de 17:30 a 20:00 horas; los sábados de 11:00 a 13:30 y de 17:30 a 20:00 horas; y los domingos de 11:00 a 13:30 horas.
A Casa El Viejo Pancho acolle ata o 22 de xaneiro a exposición Chicas nuevas 24 horas, destinada a sensibilizar sobre a trata de persoas con fins de explotación sexual.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “ata o 22 de xaneiro a Casa El Viejo Pancho acolle a exposición Chicas nuevas 24 horas, unha actividade que chega a Ribadeo pola colaboración do Concello e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia”.
A edil ribadense explicou que “se trata dunha experiencia transformadora, destinada a sensibilizar sobre a crúa realidade da trata de persoas con fins de explotación sexual. Esta exposición convídanos a mirar de fronte unha problemática que persiste nas sombras da nosa sociedade. Estas imaxes, coidadosamente seleccionadas pola directora Mabel Lozano e polo comisario Juan Nicolás, poñen de manifesto a...
leer másO centro sociocultural de Barreiros acolle ata o día 9 de xaneiro a exposición fotográfica “Express-Arte”. Trátase dunha mostra que amosa unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte, que foi creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).
Esta exposición, que foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade ao amparo do programa de actividades que oferta aos concellos, pode visitarse de luns a venres en horario de 10 a 15 horas ou durante calquera das actividades que teñen lugar en dito centro sociocultural.
Azores Somerxida é o título da colección composta por 22 instantáneas coidadosamente seleccionadas por este biólogo e fotógrafo, veciño do concello de Cervo.
A inauguración da mostra será o próximo venres, 8 de decembro, cunha charla do propio autor no auditorio da Casa da Cultura a partir das 19:00 horas.
As persoas asistentes poderán coñecer de preto o trasfondo desta exposición concibida nas illas Azores, froito de moitos meses de traballo no mar, nos que Cao conseguiu ser aceptado por algúns dos maiores animais mariños do mundo, no seu propio medio.
A mostra poderase visitar ata o 8 de xaneiro de 2024.