Mondoñedo traballa na organización dunha exposición de fotos que recolla os 25 anos de celebración do Mercado Medieval. O Concello pide colaboración veciñal.

Mondoñedo traballa na organización dunha exposición de fotos que recolla os 25 anos de celebración do Mercado Medieval. O Concello pide colaboración veciñal.
 
O Concello de Mondoñedo traballa na organización dunha exposición de imaxes que recollan os 25 anos de celebración do Mercado Medieval na localidade. “Este ano cúmprense 25 anos de historia deste evento” di a alcaldesa, Elena Candia, e “queremos rememorar cada edición a través de fotografías”.
 
A rexedora da localidade explica que xa mantiveron unha reunión de traballo para a organización desta 25 edición, en cuxa programación “queremos incluír novidades” e tamén, engade, “buscamos que se converta nunha edición de recoñecemento para quen puxo en marcha esta cita anual”.
 
Así, Elena Candia pide a colaboración de todos os veciños e persoas que ano tras ano participan do Mercado Medieval e “nos acheguen fotografías, para crear esta exposición”. Ademais, de entre as imaxes que reciban, dende o Concello seleccionarase o cartel deste 25 aniversario.
Polo tanto, o obxectivo do Concello é continuar a mellorar o Mercado Medieval, darlle rigor histórico, sorprender ano tras ano e seguir apostando pola súa promoción”, asegura a alcaldesa.