Exposiciones
O artista barreirense Celso Dourado, inaugurou o pasado sábado, 8 de novembro, a súa exposición Represaliados no Museo Etnográfico da Fonsagrada. A mostra consta de dez cadros que repasan a historia do Comandante Moreno e os doce homes que formaron parte do Batallón Galicia, que foron asasinados e enterrados no ano 1937, nunha fosa común do Acevo. Os seus corpos foron exhumados finalmente no ano 2007, un acto que serviu de inspiración a Celso Dourado para comezar a traballar na obra que agora presenta e que estará previsiblemente exposta no Museo Comarcal ata finais de ano.
...
leer másA Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade convoca o IV Concurso de Lemas e o VIII Concurso de Microrrelatos con motivo da celebración o vindeiro 25 de novembro do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A recepción de traballos remata o 19 deste mes.
O obxectivo do IV Concurso de Lemas é “transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres”, segundo explica Diana Durán. Nesta cita poderán participar todas as persoas empadroadas en Burela e cada unha pode enviar ata un máximo de 5 lemas, que deberá remitir á seguinte dirección de correo electrónico: cim@burela.org, indicando que é para o IV Concurso de Lemas e incluíndo o seu nome completo,...
leer más