Exposiciones

Etiquetas:
19/06/2015
O Espazo Caritel, a carón da Basílica de San Martiño, abrirá ata o 15 de setembro de martes a sábado pola mañá e pola tarde e os domingos pola mañá.
 
O Espazo Caritel é un proxecto que pretende ofrecer ao panorama cultural e turístico da Mariña a oportunidade de gozar da botánica e da arte contemporánea , así como incidir no desenvolvemento sostible da súa contorna. O itinerario visitable conta cun edificio que alberga unha sala de exposicións destinada a mostras temporais. O percorrido tamén permite ver o xardín (duns 3500 metros) de notable interese botánico. Destaca pola súa importancia a colección de camelias (formada por un cento de variedades). Tamén é salientable a abundante flora autóctona que contrasta con especies procedentes de todos os continentes.
Esta iniciativa, a tan só 200 metros da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, pretende facer dese recuncho de Foz, un lugar de  especial relevo para os...
leer más
Etiquetas:
09/06/2015
Exposicións de cerámica e talla de madeira no Cenima, en Foz, ata finais do mes de xuño.
 
O Cenima de Foz acollerá mañá, mércores, a inauguración de dúas exposicións: unha de cerámica e outra de talla de madeira.
Ás 11 horas na planta baixa do edificio abrirase unha mostra da Asociación Asistencial Virxe do Carme, de Foz, que expón os traballos realizados polos alumnos do obradoiro de cerámica que se de desenvolveu dende outubro do ano pasado ata este mes de xuño e que foi impartido pola ceramista Pilar Rei. Esas obras estarán expostas durante todo este mes.
E ás 11 e media da mañá será inaugurada unha mostra de talla de madeira de Cándido Barcia, veciño de Cangas de Foz, na que colaboran expoñendo Antonio Fernández e Eugenio Fernández. Esta mostra estará aberta ata o día 28 deste mes.
 
Etiquetas:
02/06/2015
O Cenima de Foz acollerá do 3 ao 16 de xuño unha exposición dedicada a Xosé Filgueira Valverde e día 9 haberá unha xincana literaria.
 
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia, xunto co Concello de Foz, a través do Servizo de Normalización Lingüística da Concellería de Educación, que dirixe Mercedes González Alonso, promove a exposición titulada Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia. A mostra poderá visitarse no Cenima dende mañá, mércores, día 3, ata o 16 deste mes 10 a 14 horas.
A exposición leva aparellada unha actividade de dinamización complementaria que, co nome de Xincana Literaria, pretende achegar a vida e obra do persoeiro homenaxeado de xeito empático e interactivo á mocidade galega de hoxe. A xincana será o vindeiro 9 de xuño e nela participaran varios colexios de Foz.
 
25/05/2015
A exposición sobre embarcacións tradicionais seguirá aberta en Viveiro ata o 30 de maio. Está organizada por Pensamento e Sementeira.
 
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira manterá aberta ata o vindeiro 30 de maio a exposición "As embarcacións tradicionais do arco Ártabro até Ribadeo".

A mostra pode visitarse en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde
(de 18 a 20 horas ). Atópase na sala de usos múltiples do Concello de Viveiro, na praza Maior. 

14/05/2015
Ata o 30 de xuño poderase ver no Centro Regal Xunqueira, en Viveiro, a exposición "Cada tema para un loco".
 
Ata o 30 de xuño poderase ver na sala de exposicións do Centro Regal Xunqueira, en Viveiro, a exposición “Cada tema para un loco”, de A.Coomonte, Lorenzo González, Arturo Martínez, Teresa Sarto, Eusebio San Blanco e Otero Regal. 
Trátase na maior parte de profesores e ex profesores da Escola de Bellas Artes de Salamanca, coa excepción de Otero Regal, que con 63 anos é o mais novo da larada, que idearon unha exposición na que co eslogan satírico de “Novas Promesas” veñen mostrar a súa obra ao mesmo tempo que fan turismo e participan nun curso de creación en base a cerámica nos talleres de Otero Regal, en Viveiro, durante 10 días. 
O horario de visita da exposición será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas de luns a sábado. 
Etiquetas:
08/05/2015
Ata o 19 de xuño estará aberta na Casa da Cultura, en Burela, a exposición de HIpólito Xeada "Marexada de cores".
 
Ata o 19 de xuño pode verse na sala de arte da Casa da Cultura de Burela a exposición Marexada de cores de Hipólito Xeada Pena. 
A inauguración da mostra está prevista para as 19 horas de hoxe, venres. Despois a exposición deste artista mariñán estará aberta de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, segundo informa a Concellería de Cultura. 
Hipólito Xeada naceu en Adelán (Alfoz). “Conta con obras dun realismo que non deixa de revelar a man do retratismo ou dunha figuración inconfundible de trazos áxiles, que xoga coas cores e peneira a emoción do escuros”, sinalan desde a organización. 
 
27/04/2015
Librería Bahía, de Foz, acolle ata o 30 de maio unha exposición da ilustradora Minia Regos.
 
Ata o 30 de maio poderase ver na Librería Bahía, de Foz, a exposición da obra Tac, tac, tac, plof da ilustradora Minia Regos, que hai uns días impartiu un obradoiro nesas instalacións. 
Minia Regos naceu en Pontevedra e cursou Belas Artes na Universidade de Vigo. Ilustrou, ademais do álbum que poderemos ver na Librería Bahía, outros libros de éxito como Casas de Paula Carballeira ou Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Serra i Fabra. 
 
23/04/2015
Catorce autores participan na mostra "Cartografías da néboa", que se pode ver no Centro Comarcal de Mondoñedo ata o 16 de maio.
 
Xose Artiaga, Nina Alvarez, Ignacio Castro (Nachok), Caxigueiro, Ernesto González Torterolo, Quique Guerra, Martin Hirschy, Zilí Katova, Mauro Leivas, Juan Puchades, Alicia Puchades, Mundo Rubal, Fernando Vilariño e Xose Vizoso son os autores mindonienses que forman parte da exposición colectiva“Cartografias da Neboa”, que se exhibe no Centro Comarcal de Mondoñedo.
Na mostra, organizada pola area de Cultura do Concello, participan 14 autores que están vencellados a Mondoñedo, cun total de 37 obras.
Na exposición, que xa ten abertas as súas portas ao publico pero que será inaugurada o vindeiro 25 de maio ás 12:30, poden verse pinturas, fotografías, esculturas de pedra e de ferro. 
“Cartografias...
leer más
10/04/2015
Ata o 30 de abril pódese visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo a exposición "A ditadura franquista: 40 anos de represión e resistencia", que organiza a Deputación de Lugo.
 
A Oficina de Turismo de Ribadeo acolleu onte a inauguración da exposición ’A ditadura franquista: 40 anos de represión e resistencia’, que chega a vila ribadense despois de ter pasado xa por Lugo e A Pobra do Brollón. No acto de inauguración estiveron presentes o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; a presidenta da Asociación Cultural Francisco Lanza, Dores Fernández Abel; e un dos dous comisarios da mostra, Antón Somoza, que foron os encargados de levar a cabo a presentación da mesma.
Esta exposición, unha das maiores organizadas sobre a represión franquista ata o de agora en Galiza e que afonda no xeito en como se levou a cabo a resistencia ao réxime no noso país durante catro décadas, permanecerá ata o vindeiro 30 de abril na Oficina de Turismo de Ribadeo. Baixo o...
leer más
06/04/2015
En agosto terá lugar o IV Estudio Aberto, que foi presentado hoxe. O Museo do Mar de San Cibrao será visitado por algúns dos artistas.
 
O responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, participou esta mañá na presentación do cuarto Estudio Aberto, a iniciativa de residencias artísticas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos que naceu no ano 2013 dentro do proxecto global ‘Enredarte’. Acompañaron a Outeiro no acto as coordinadoras destas residencias artísticas, Encarna Lago e Paula Cabaleiro, e a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelio Balseiro.
Mario Outeiro explicou que esta cuarta edición volverá a levarse a cabo “durante o verán, desenvolvéndose as residencias artísticas desde o 31 de xullo ao 6 de agosto, concluíndo nunha exposición que se inaugurará o venres 7 e se prolongará ata o domingo 30 de agosto”, sinalou o responsable provincial de Cultura...
leer más