Rei Cintolo
O Concello de Mondoñedo apoia á Federación Galega de Espeleoloxía na elaboración do Atlas de Cavidades de Galicia que recollerá información, entre outras, da Cova do Rei Cintolo, de cara á “poñer en valor a cavidade natural máis grande de Galicia e con maior percorrido horizontal” que “constitúe un dos reclamos naturais máis destacados do municipio”.
O consistorio mindoniense define como “ambicioso e pioneiro en España e incluso en Europa” este traballo de catalogación do mundo subterráneo e defende “a importancia deste tipo de material que divulgue coñecementos sobre as covas, así coma sobre a súa protección e conservación” debido a que son espazos naturais visitados tanto por espeleólogos e investigadores coma por turistas.
O Atlas de Cavidades de Galicia recollerá información, sobre localización, modelos...
leer másO pasado día 1 de marzo deu comezo a nova campaña de visitas á Cova do Rei Cintolo do presente ano 2019. Hai visitas de fin de semana os venres, sábados e domingos ás 12 horas e ás 17 horas. A partir do mes de abril rexerá o horario de verán, polo que haberá unha nova quenda ás 18:30 horas.
Na ponte de San Xosé, en marzo, será posible visitar a cova tamén o luns 18 e o martes 19 e durante a Semana Santa, xa no mes de abril, poderase visitar a cavidade todos os días da semana.
Aberta todas as pontes e festivos
En todas as pontes e días festivos do ano será posible visitar a cova e durante os meses de verán as visitas serán nas tres quendas indicadas todos os días da semana (de luns a domingo).
2018, récord absoluto de visitantes
O pasado ano visitaron a cova 2.093 persoas, o...
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presidiu esta mañá o acto de entrega da certificación Observer® que distingue á Cova do Rei Cintolo como Destino Turístico Científico.
Trátase dun selo internacional co que se dá un paso máis na posta en valor deste patrimonio natural. As experiencias desenvolvidas ao abeiro do Turismo Científico permiten ao visitante achegarse ao territorio dende a perspectiva dun observador científico. O visitante entende que co turismo científico, ademais de visitar paraxes de gran beleza, vai a aprender e entender, de maneira sinxela e sen esforzo, moito máis sobre o funcionamento da la natureza. Todo elo, desenvólvese dende un punto de vista sustentable e rigoroso e establecendo como base a conservación.
Un paso máis na posta en valor da Cova do Rei Cintolo
Durante o acto de...