Algas

Etiquetas:
19/07/2016
Nordés Faladora organiza unha xornada sobre as algas o vindeiro 23 de xullo. Haberá charla, degustación e unha ruta de pinchos. Será en O Vicedo.
 
O sábado, 23 de xullo, Nordés (coa colaboración do Colectivo Pensamento e Sementeira) contará coa empresa Mar de Ardora para falarnos sobre un mundo descoñecido aínda para moitos, as algas. Agardámosvos para escoitalos dende as 11 da mañá no “Restaurante de Areagrande” (San Román). Logo, camiñaremos polo areal ata achegarnos á zona onde proliferan as algas e poderemos ver, tocar e poñer en práctica o dito durante a charla.
 
Máis tarde realizaremos a degustación dun menú con algas no Chiringuito “Abrela” por 20€/persoa: pizza de cogumelos con algas, risotto de azafrán e gambas con alga nori e salpicón de merluza con vinagreta de espaguete de mar, máis o postre, as bebidas e o café.
 
... leer más