Museo

Etiquetas:
21/08/2024

O Museo Provincial do Mar, en Cervo, acolle cinco novos elementos que serviron como ferramentas de traballo a María del Carmen del Río Martinez, percebeira en Rinlo, Ribadeo. A doante, que participou na mostra “Mariñas, Marosas e Maruxainas” que contaba a historia de 16 traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña, permite así coñecer o seu oficio a todas as persoas que visiten o espazo provincial.

O material está formado por cinco elementos. Por unha banda están tres utensilios como dispondas e o gancho para coller o percebe e, por outro están o gancho e o saco que se atan á cintura para a recollida deste crustáceo. Esta doazón ven a complementar o traballo das  fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, que amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de...

leer más
Etiquetas:
02/08/2024

O Museo do Mar de San Cibrao incorporou á súa exposición permanente unha espiña dun bonito de 48 quilogramos doada por Antonio Rey Otero, coñecido como “Ton”, histórico mariñeiro e armador de Foz.

A espiña, procedente dun exemplar de gran tamaño capturado entre as
costas de San Cibrao e Burela, pode verse na Sala 3 do museo , xunto a
restos doutras especies mariñas e obxectos relacionados coas artes e
aparellos de pesca.

Iria Castro agradeceu a xenerosidade de Antonio Rey Otero, sinalando que
"é un orgullo que unha persoa que viviu e coñece o mar e os seus oficios
como poucas decida legar esta peza ao Museo do Mar" e recordou o
"estreito vínculo do Museo coa comunidade xa que os seus fondos proceden
na súa maioría das persoas que cederon pezas, fotografías e a súa
memoria persoal ao Museo".

Renovación museográfica...

leer más
Etiquetas:
01/08/2022

En agosto seguen as visitas guiadas ao Mosteiro de San Salvador, en Lourenzá. Teñen lugar de luns a sábado ás 12 da mañá. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono:  982121006, por correo electrónico a lourenzaturismo@outlook.es ou por whatsapp ao 646384124 

O Mosteiro de San Salvador é sen dúbida, o monumento máis importante do concello, un referente do barroco galego. Foi declarado monumento histórico-artístico no 1974.

Os primeiros datos da súa existencia son do 947. A partir do século XII, pasou de mosteiro familiar a mosteiro beneditino. A partir do 1505, intégrase na congregación de San Benito de Valladolid. No 1642, o prestixio da abadía chegou a tal que o rei Felipe IV outorgoulle o título de Marqués de Lorenzana a Don...

leer más
Etiquetas:
15/09/2021

A Rede Museística Provincial presentou unha programación destinada aos centros educativos para o curso escolar que comeza. Os departamentos de didáctica dos catro museos que compoñen a Rede (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) crearon esta programación adaptada á situación sanitaria, con multitude de propostas tanto presenciais como virtuais. 

O obxectivo principal desta programación é achegar, un ano máis, o patrimonio conservado nos museos ao alumnado a través dun conxunto de actividades caracterizadas polo seu compoñente educativo, lúdico e multicanle. A programación  está enfocada á participación escolar, cunha perspectiva dinámica, divertida e que resulte de interese tanto ao profesorado como aos alumnos e alumnas.

Na presentación,  na que...

leer más
Etiquetas:
05/08/2021

O Concello de Mondoñedo pon en marcha a creación dun museo sobre as traídas de augas de Mondoñedo dentro do espazo da Fonte Vella, amosando sistemas de canalización dende o século XVIII ao XXI. O centro de interpretación ofrecerá tanto obxectos coma descricións e informacións relacionadas coas traídas de auga a Mondoñedo.

O novo centro de interpretación de Mondoñedo situarase no espazo interior de bóveda de canón onde se localizan as captacións de auga da Fonte Vella, sen que afecte ás captacións internas que na actualidade están canalizadas.

Entre os elementos que se poderán ver neste museo atópase un cano de pedra de finais do século XVIII que formaba parte da traída de abastecemento de auga do pazo episcopal e continuaba ata a praza do Seminario. Tamén un exemplo de tubo de cerámica usado nos séculos XVIII e...

leer más
Etiquetas:
26/07/2021

Os xardíns do Museo de Lugo acolleron esta mañá a presentación dos proxectos culturais Arte Viva e Escolma Diversa, que se desenvolverán ao longo do mes de agosto nos catro museo da Rede Provincial.

Trátase de propostas deseñadas por Ana Rielo e Javier Sánchez, estudantes do Máster en Servizo Culturais, que se imparte na Facultade de Humanidades do Campus Terra, que empregarán os diferentes espazos museísticos para poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso e iniciar a súa carreira profesional no ámbito da xestión cultural.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, sinalou que “estamos especialmente orgullosas de presentar e dar cabida a esta iniciativa porque segue a cultivar os vínculos e a colaboración coa Universidade de Santiago, neste caso coa Facultade de Humanidades, onde se imparte...

leer más
Etiquetas:
03/03/2021

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro congratúlanse de comunicar que o Museo conta cunha nova vitrina grazas á colaboración de César Cunqueiro González-Seco, fillo de Álvaro Cunqueiro, que cedeu novo material que foi propiedade do escritor mindoniense a quen está adicada a Casa – Museo.

O novo material que xa está exposto consiste en:
-O anel de Álvaro Cunqueiro polo título “Doutor Honoris Causa” concedido pola USC (1980)
-A medalla da concesión do Pedrón de Ouro a Álvaro Cunqueiro (1980)
-Unha figura de trotador medieval con zanfona correspondente ao Premio da Crítica – Galicia 1979 de Creación Literaria.
-A petaca para puros de Álvaro Cunqueiro
-A carteira coas letras “A” e “C” entrelazadas na parte dianteira representando a súas iniciais de Álvaro Cunqueiro.
-O catador de viños de...

leer más
Etiquetas:
09/02/2021

O Concello de Foz, dende a Delegación de Turismo, prosigue a colaboración estreita co presidente da Asociación A Rula, Salustiano Niñe, desta banda coa cesión de material fotográfico, que estaba arquivado no Cenima, para a súa incorporación ao proxecto do Museo do Mar de Foz.

O concelleiro de Turismo, José María Linares, salienta “a importancia da historia e as raíces tamén na dinamización turística e neste campo o traballo desta asociación e de tremenda importancia”.

 

Etiquetas:
27/01/2021

A Rede Museística reforza a programación en liña para manter a súa actividade de difusión da arte e do patrimonio malia o peche ás visitas presenciais, seguindo as restricións anunciadas pola Xunta de Galiza ante o avance da pandemia.

Os museos provinciais inician este mércores un proxecto pensado para todos os públicos con relatos mediados, ao vivo, a través dos seus perfís en Facebook. A proposta inclúe parladoiros, escape rooms, obradoiros e xogos que levarán ás usuarias e usuarios a coñecer as diferentes coleccións e salas dos museos.

As sesións programaranse todos os días ás 17.00 horas:

Os martes, xoves e sábados dende o Museo Provincial de Lugo. 

Os mércores dende o Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo.

Os venres dende o...

leer más
Etiquetas:
03/09/2020

En agosto a Cova do Rei Cintolo tivo máis de 600 visitas. Consciente do interese que esperta este recurso natural e todo canto rodea á espeleoloxía, o goberno municipal de Mondoñedo, agora presidido por Manuel Otero, leva anos traballando para consolidar o municipio como destino turístico vinculado a esta modalidade. Esta mañá, o alcalde e a concelleira de Cultura, Elena Candia, mantiveron unha reunión co presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Francisco Martínez García, coa que o Concello mantén un convenio desde o 2016 polo que esta entidade se encarga das visitas guiadas á cova. No encontro de hoxe abordáronse novas iniciativas, entre as que destacan una nova opción dentro das visitas guiadas á Cova e o proxecto do Espeleoparque da Mariña Lucense que promove a Federación Galega de Espeleoloxía.

Os representantes do Concello...

leer más