Ata o 29 de abril pódese visitar na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros a exposición ¡¡Abril...Libros mil!!.

Ata o 29 de abril pódese visitar na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros a exposición ¡¡Abril...Libros mil!!.
 
O Concello organiza unha exposición de libros durante este mes de abril con motivo da celebración do Día Internacional do Libro o vindeiro día 23.
 
A Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal organizan este mes una exposición titulada ¡¡Abril…Libros Mil!! Con motivo da celebración o pasado día 2 do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o vindeiro día 23 do Día Internacional do Libro.
 
A mostra recolle as novidades e os libros máis lidos da Biblioteca e pode visitarse na propia Biblioteca, situada no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
Esta exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 29. A Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal convidan a todos a visitala e a aproveitar estas datas para achegarse aos libros a través da lectura.