San Lucas
A Xunta de Galicia colabora coa feira das San Lucas, que se celebrará entre os días 16 e 20 de outubro en Mondoñedo. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a localidade para participar na presentación deste evento, que organizan o Concello e a Asociación As San Lucas e que conta co recoñecemento de Feira de Interese Turístico de Galicia.
A feira máis antiga de Galicia, que cumpre a súa edición número 868, comezará co pregón de Jesús Díaz Fernández o mércores ás 20,30 horas no auditorio Pascual Veiga. Díaz, diplomado en gastronomía internacional, dietética e nutrición, é un chef de recoñecida traxectoria, un dos grandes difusores da cociña galega en Suiza e membro fundador do centro galego de Berna.
As San Lucas conservan a súa esencia e outorgan aos cabalos o seu tradicional protagonismo...
leer másO Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu esta mañá a presentación da 867 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan unha edición máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cunha achega de 20.000 euros.
No acto interviron a deputada de Cultura Iria Castro, o deputado de Medio Rural Daniel García, o presidente de As San Lucas, Miguel Paz, e o concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García, e contou coa presenza de representantes da corporación municipal e da Xunta de Galicia.
Iria Castro salientou “a raíz gandeira e popular das San Lucas, que se ven celebrando desde 1156 e que recolle o pouso cultural e social de séculos de relaciónco cabalo e co medio natural” e fixo fincapé na “espectacularidade coa que esa tradición se reflexa na tradicional baixada cos cabalos, que abre as festas”....
leer másO Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu esta mañá a presentación da 866 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan unha edición máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cunha achega de 20.000 euros. O deputado Efrén Castro na que participou tamén o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Paz, o pregoeiro desta edición Modesto Díaz, e o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, así como representantes da corporación municipal.
O mundo do cabalo será protagonista das San Lucas co paso dos cabalos polas rúas e Praza da Catedral de camiño á feira (luns 17, ás 18.00 horas), así como o propio mercado (martes 18, todo o día), diferentes certames morfolóxicos e de andadura e unha exhibición de doma nocturna espallados ao longo dos festexos. A organización destacou nese senso a celebración por primeira vez dentro da feira...
leer másMondoñedo e Fuxan os Ventos están indisolubelmente unidos, porqueeste grupo musical arrancou hai 50 anos a súa intensa traxectoria na vella cidade episcopal. Mondoñedo prepara agora unha exposición sobre Fuxan os Ventos, coa aportación do material cedido por Valín Libros. Será unha forma de celebrar nas próximas festas patronais os 50 anos transcorridos desde o inicial participación de Fuxan os Ventos nas San Lucas de Mondoñedo de 1972. A recompilación de material é unha maneira de render homenaxe a unha formación que contribuíu coa súa música a situar a Mondoñedo no centro de Galicia. A intención do Concello é que a exposición chegue a ter carácter permanente e se converta nun espazo para o recordo da historia deste emblemático grupo.
Dende o goberno local de Mondoñedo explican que a recompilación do material sobre o emblemático grupo...
leer másEste xoves, 17 de outubro, dará comezo unha nova edición das San Lucas, as feiras e festas máis antigas de Galicia.
O xoves 17 ás 13:00 horas procederase ao disparo de bombas e o volteo das campás maiores da S.I. Catedral Basílica anunciando o inicio das festas. Ás 14:00 horas no pavillón municipal de deportes haberá xantar-baile para a xente inscrita na Xuntanza da Terceira Idade. Ás 18:00 horas, será a chegada dos cabalos polas rúas ata a feira; ás 20:45 horas terá lugar a lectura do pregón a cargo do dramaturgo Manuel Lourenzo; e ás 22:30 horas celebrarase a verbena coas orquestras Panorama e Grupo Beatriz.
O venres 18 ás 8:00 horas comezará a feira de gando cabalar. Ás 11:30 horas o grupo Mircromina Títeres presentará a obra Móvense os marcos? e ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa Orquestra Palladium. Ás 17...
leer másMondoñedo presentou publicamente na Praza da Catedral o cartel anunciador das que son as feiras e festas máis antigas de Galicia, As San Lucas, que se celebrarán na cidade entre o 17 e o 20 de outubro.
A Comisión Organizadora das feiras e festas xunto á alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, elixiron nesta ocasión a Praza da Catedral como o lugar idóneo para dar a coñecer aos veciños e veciñas o cartel deste ano.
A Praza da Catedral non só é unha das cúspides do patrimonio histórico- artístico da cidade senón que tamén é onde se desenvolverán unha parte das actividades do programa deste ano. Polas pedras desta emblemática praza, trotan cada17 de outubro dende fai 863 anos, os cabalos que baixan dende os montes da contorna ata o Campo da Feira para ser vendidos na Gran Feira do día 18.
...
leer másO presidente da Asociación organizadora das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto, adiantou esta mañá que Mondoñedo celebrará este ano 2019 as feiras máis antigas de Galicia entre os días 17 e 20 de outubro.
Ademais de dar a coñecer os días da celebración das San Lucas 2019, Souto presentou o cartel anunciador dunha nova edición das feiras, que un ano máis é obra do autor mindoniense e Fillo Predilecto da cidade, Xosé Vizoso.
Souto quere agradecer de novo a implicación do mestre Xosé Vizoso. O cartel deste 2019é “unha nova obra de arte”, considera, que nesta edición representa a entrada dos cabalos na praza da Catedral e músicos tocando diferentes instrumentos sobre a balaustrada do monumento, moitos deles dos usados na interpretación da música celta como son a gaita, a arpa ou o violín.
... leer másAs Feiras e Festas máis antigas de Galicia foron presentadas hoxe en Santiago, na aula Gastrocultural da Praza de Abastos, rematando así coa súa difusión nas cidades que formaban o Antigo Reino de Galicia. No acto participaron o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, a rexedora, ElenaCandia, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega. As San Lucas arrancan mañá cun amplo programa de cinco días no que se mestura tradición e modernidade.
Tanto a rexedora como o presidente da Asociación animaron a todos os asistentes a achegarse a Mondoñedo para desfrutar das San Lucas, “unha cita xa consolidada que cada ano congrega a un maior número de asistentes”.
Programa
O programa, que pretende chegar a todos os públicos combinando tradición e modernidade, desenvolverase entre o mércores día 17 de outubro e o...
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), Francisco López Valladares, e o presidente da asociación cultural “As San Lucas”, Miguel Souto, presentaron na Praza do Concello o Mercado de Agricultura Ecolóxica certificada que se situará no mesmo lugar da presentación durante os días que dure a feira máis antiga da Comunidade.
Deste xeito, na localidade mariñana daranse cita produtores desta especialidade, que ofrecerán aos visitantes 25 produtos, incluídos nesta denominación, e que se poderán visitar e mercar en seis casetas de madeira diferentes. O presidente do Consello Regulador agradeceu á comisión organizadora e ao Concello a posibilidade de participar na cita festiva, ao tempo que puxo en valor a importancia e a incidencia que ten estetipo agricultura no rural...
leer másAs festas da Pontenova, na honra de San Lucas, celébranse do 12 ao 15 de outubro e contarán con sete actuacións musicais, a Queima dos Fornos e un espectáculo acrobático con vehículos.
O venres 12 haberá sesión vermú e verbena, que estará amenizada polas orquestras Los Españoles e Olympus. Ademais as sete da tarde terá lugar un espectáculo acrobático cun coche Ferrari e motos a cargo de Paulo Martinho.
Para o sábado 13 está programada sesión vermú e verbena, na que actuarán o grupo Lume e a orquestra Capitol. E de madrugada, ás 00:45 horas, celebrarase o tradicional espectáculo pirotécnico Queima dos Fornos, que chega á súa vixésimo primeira edición.
O domingo 14 haberá sesión vermú e verbena, amenizada polas orquestras Compostela e París de Noia.
E rematarán as...
leer más