A feira de artesanía Os Muíños celebrarase en Mondoñedo este sábado, 27 de xullo

A feira de artesanía Os Muíños celebrarase no barrio do mesmo nome en Mondoñedo este sábado, día 27 de xullo, de 11 a 21 horas.

Ás 11 horas farase a apertura dos 33 postos de artesanía e gastronomía que haberá na feira. E ás 12:30 horas terá lugar o pregón a cargo de Paula Cabaleiro, que é xestora cultural e comisaria de arte e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.

A feira está organizada pola Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños de Mondoñedo.