Eventos
O Vicedo acolle este mércores, día 14 de agosto, unha subida polo río Sor en kaiaks e un concurso de figuras de area na praia de Xilloi.
A subida polo río Sor en kaiaks partirá ás 10 horas desde o peirao do Vicedo e terá unha duración aproximada de 2 horas. O prezo da inscrición é de 17 euros por persoa.
E ese mesmo día, o mércores 14, pola tarde na praia de Xilloi terá lugar o tradicional concurso de figuras de area para todas as idades. Será ás 16:30 horas e haberá premios para os dous primeiros grupos clasificados de cada categoría, que son de 3 a 5 anos, de 6 a 11, de 12 a 16 e desde 17 anos.
As Anzas, lugar da parroquia ribadense de Covelas, celebra a festa na honra á Virxe da Asunción este xoves, día 15 de agosto.
As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada por Jaime Paredes, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Belinda.
Desde Terras da Faladora sinalan que “pouco a pouco, a cita coas Xornadas Memoria dun Tempo” vense achegando. Pero ollo, nesta ocasión o primeiro acto das devanditas ten un algo especial, un algo distinto, e un algo que nos da azos para seguir traballando a prol da memoria da nosa terra. Para o primeiro día do programa das Xornadas organizamos a descuberta dunha placa en honra de Jesús Castaño Galdo, alcalde do Concello de Mañón dende o 16 de marzo de 1936 ata a súa destitución polas forzas golpistas. Ten de especial o acto que vai ser fronte a casa familiar do propio alcalde contando coa participación das súas netas, do alcalde de Mañón, Alfredo Dovale, do historiador e catedrático da USC Emilio Grandío, e coa intervención musical do gaiteiro e profesor do Conservatorio de Viveiro, David Bellas”.
E indican que “é distinto a outros actos...
leer másRemourelle, localidade da parroquia ribadense de Arante, honrará a Santa María Magdalena os días 17 e 18 de agosto nun evento que inclúe a décimo sétima edición da Festa da Carne ao Caldeiro.
As actividades comezarán o sábado 17 de agosto ás 14:00 horas coa actuación do dúo Belinda. E a partir das 14:30 horas terá lugar o xantar da carne ao caldeiro. Ademais desde ás 18:30 horas haberá música co dúo Belinda e ás 20:00 horas actuará Mercedes Ben Salah.
O domingo 18 celebrarase misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Lecer, que tamén actuará na verbena. E as 12 da noite haberá queimada co Gran Druída.
Vilar de Conforto, no concello da Pontenova, celebrará as festas na honra da Nosa Señora da Asunción os días 14 e 15 de agosto, mércores e xoves.
As actividades empezarán o mércores 14 a partir das 23:30 horas coa verbena amenizada por DJ Bombardero e o acordeonista Josín.
E o xoves 15 haberá rosario ás 13:00 e a continuación sesión vermú a cargo do dúo Belinda.
A vila ribadense celebrará a festa do seu patrón, San Roque, o día 16 de agosto, venres.
As actividades comezarán ás 11:00 horas coa saída dos Cocos e cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Illa Pancha. Ás doce do mediodía celebrarase misa solemne e a continuación haberá procesión seguida de concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. A partir das 14:00 horas terá lugar sesión vermú co dúo Venus, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fénix e de rematar a festa encargarase o DJ Litainer.
A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra a Nosa Señora os días 14 e 15 de agosto, mércores e xoves.
As actividades empezarán o mércores ás 21:30 horas con churrascada e chourizada, ademais da actuación do dúo Belinda.
E o xoves celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e despois haberá procesión seguida de sesión vermú, co grupo Pasión, que tamén actuará na verbena, desde as 21:00 horas.
As festas están organizadas pola Asociación de Veciños de Bacoi.
O Concello de Burela organiza o que será o seu I Torneo Social de parchís por parellas. Celebrarase o día 31 de agosto na praza do Concello a partir das 10:00.
A partir de mañá, venres 9 de agosto, as persoas interesadas poderanse inscribir na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00, e oprazo rematará odía 14 de agosto.
Como máximo poderán participar un total de 16 parellas, que serán seleccionadas por orde de inscrición. As dúas parellas finalistas gañarán un trofeo doado pola asociación Saúde Mental A Mariña.
"O noso obxectivo principal é fomentar a convivencia e o entretemento entre veciñas e veciños, así como promocionar os xogos tradicionais como o parchís", sinala a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Sandra Fernández.
Pola súa banda, a...
leer másA parroquia de Castro de Ouro, no concello de Alfoz, celebra a festa na honra a San Salvador este domingo, 11 de agosto. Este festexo recupérao a asociación veciñal Castrodouro, que anuncia: “esta fin de semana hai unha nova cita cunha das festas máis queridas do noso pobo: o San Salvador. Igual é porque deixou de celebrarse durante moito tempo e cando se fixo foi de forma intermitente. Tamén porque moita xente ten conexión co Castro e fai o posible por regresar nestas datas. E é que cando temos San Salvador todo o mundo é un chisco da nosa parroquia”.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú, a cargo do dúo Belinda. Ás 15:00 horas empezará unha comida campestre e a partir das 18:00 horas haberá sesión de tarde amenizada polo dúo Belinda.
Cervo celebrará as festas na honra da Nosa Señora, San Roque e o Carme, do 14 ao 17 de agosto, cando terá lugar a Queimada Popular, festa declarada de Interese Turístico Galego, organizada por Airiños do Xunco.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; pola tenente alcalde Mali Méndez; e por unha representación da Asociación Cultural Rego Cachón, que organiza as festas patronais; e de Airiños do Xunco, que se encarga da Queimada e tamén da Festa do Ovo Frito, xunto á asociación Cabaleiros da Bidueira.
Os festexos arrincarán o mércores 14 de agosto con esta popular Festa do Ovo Frito que contará coa actuación da Charanga Europa e da Discomóbil Conxuro.
Xa o xoves 15 de agosto ás 13:00 horas está prevista a misa solemne cantada polo Coro de Cervo, seguida de...
leer más