A comisión de festas en colaboración co Concello de O Vicedo organiza as súas tradicionais festas na honra a Santo Estevo e Santa Lucía. Durante 3 días o municipio encherase de música, actividades relixiosas, verbenas e diversión para todas as idades.
O venres, 2 de agosto, ás 22:45 horas, o grupo Jaque e a orquestra Fania Blanco encargaranse de abrir o evento cunha gran verbena.
O sábado, 3 de agosto, ás 11:00 da mañá pasarrúas coa Banda de Gaitas do Ortegal. Ás 12:00 horas haberá eucaristía solemne na honra aos santos seguida de procesión. Máis tarde, ás 14:00 horas sesión vermú co acompañamento musical do grupo Zona Zero. Para rematar o día, ás 22:45 horas gran verbena a cargo dos grupos Zona Zero e Pasión, ademais de Discomóbil Conxuro.
O domingo, 4 de agosto, ás 12:00, Santo Estevo será honrado nunha misa de campaña na praia de Xilloi seguida unha vez máis dunha procesión. Ás 13:30 horas haberá sesión vermú dobre co Dúo Boreal e Mekánika Rolling Band. Espera que vou mexar animará á xente pola tarde ata ás 18:30 horas, momento no que comezará un pasarrúas. Ás 22:30 horas Dúo Ritmo Joven poñerá música á última gran verbena desta celebración.
A comisión de festas convida a toda a veciñanza e visitantes a participar nestes festexos e desexa que disfruten das actividades programadas.